Home Vigo Fornelos de Montes A Plataforma "Encoro Non" roza e recupera unha senda polo río Oitavén...

A Plataforma “Encoro Non” roza e recupera unha senda polo río Oitavén que inaugura medio cento de rapaces e monitoress de Vigo que están de acampada en Vilán

- Anuncio -

As Asociacións de Veciños de Vilán e Forzáns e a Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns coordinaron esta actividade na que tamén lles amosaron a biodiversidade da zona e a exposición fotográfica de Jorge Saenz que sigue aberta ao público no Centro Sociocultural desta parroquia ponte caldelán.

Medio cento de rapaces e monitores da parroquia Cristo da Victoria de Coia (Vigo), que se atopan estes días de campamento en Vilán, poideron coñecer a riqueza paisaxística e ecolóxica do río Oitavén a través dunha ruta de sendeirismo recuperadas para uso peonil polas Asociacións de Veciños de Vilán e Forzáns e a Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns, dentro das actividades programadas pola Plataforma “ENCORO NON”.

Nos días previos a realización desta andaina, veciños de ámbalas dúas parroquias realizaron o deseño da ruta así como a roza e acondicionamento da mesma recuperando, nalgúns casos, camiños e corredoiras que foran quedando en desuso. Deste xeito, tanto rapaces como monitores, que comezaron o percorrido desde o campamento que teñen en Vilán, pasaron polo Eido de Clara, onde se realizou unha primeira parada para recuperar folgos mentras responsables destas asociacións lles contaban lendas e historias relacionadas co castro de Pena Redonda, o Camiño dos Arrieiros, os “ghreñudos”, a Feira de Forzáns ou a Laxe do Barón, a pedra con petróglifos máis grande de Galicia.

Desde o Eido de Clara a andaina continuou ata as Pozas de Farramel, lugar habitual de baño para os veciños destas parroquias e onde se pretende construír a “pequena presa” de 333 metros de largo por 55 de alto como unha das 21 alternativas que propón o estudo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para abastecer de auga a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra.

Desde ai dirixíronse ata a ponte de Forzáns onde poideron tomarse un baño nas cristalinas augas do río Oitavén para recuperarse da incesante calor que fixo durante toda a xornada. Neste descanso, falouse cos rapaces e rapazas sobre as cada vez máis frecuentes secas provocadas, fundamentalmente, polo cambio climático e poideron escoitar novamente lendas e tradicións sobre como “paliaban” estas secas os veciños de Forzáns sacando en procesión a San Roque ata o río para mollarlle os pés cun pano e “implorar” así a presencia das chuvias. Según a tradición, antes de que o santo chegase de novo á igrexa, xa empezaban a caer a primeiras pingas de auga.

A ruta continou ata o Muiño de Manuel e Isolina onde se realizou unha nova parada para explicarlles aos rapaces e rapazas a importancia que tiveron no seu día este tipo de construccións para paliar a fame de moitas familias ao converter o millo e o centeo en fariña para a elaboración, principalmente, de pan. Neste senso, tamén se lles explicou que se trata dun muiño de río restaurado no ano 2007 polos veciños de Forzáns xa que se atopaba practicamente desfeito. Tanto a rapazada como os monitores amosaron o seu interese en coñecer como era o funcionamento deste muiño que aínda que pertencía a unha soa familia, empregábase de xeito practicamente comunitario, por quendas, deixando o que se coñece como “maquía”, que era a parte de moenda coa que se quedaba o propietario para costear os labores de mantemento. Os nenos e nenas poideron acceder ao seu interior e coñecer tódalas pezas do muiño ademáis de visitar o inferno, donde se atopa o rodicio, peza de ferro que fai mover toda a engranaxe do muiño ao accionarse coa forza da auga.

Nesta parada tamén se falou de como varía o caudal do río Oitavén e das súas famosas enchentas no inverno que fan que o nivel da auga cheque a sobrepasar o teito do muiño, ata o escaso caudal que chega a levar en épocas estivais.

Desde aquí continuouse a andaína polo Camiño de Estrufe ata o carballo da Agra, subindo polo Ramallal ata o Centro Sociocultural de Forzáns onde rapaces e monitores poideron recuperar forzas cun pequeño refrixerio que lle tiñan preparado os organizadores. Alí poideron observar as fotografías da mostra de Jorge Saenz de Miera quedando impresionados pola riqueza de especies que habitan no entorno dos ríos Verdugo e Oitavén sinalando que “son comparables e non teñen nada que envexar as fotos de National Greographic”.

A presidenta da AVV de Forzáns e voceira da Plataforma ENCORO NON, Pilar Fernández, deulles unha pequena charla explicándolles a importancia de conservar o medio ambiente así como o uso sostible da auga insistindo na necesidade administrar con “sentidiño” este ben que cada vez escasea máis para que non sexa necesario emprender accións tan agresivas contra o medio ambiente e a biodiversidade como construir un encoro. Explicoullles a importancia de facer un uso responsable da billa nas casas, de evitar deixar lixo no monte e no río e apostou pola redución dos desperdicio, a reutilización e a reciclaxe, como principios básicos dunha boa práctica medioambiental.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

Publicacións Relacionadas