HomeVigoO PorriñoA Policía Local do Porriño e a Garda Civil detiveron a dous...

A Policía Local do Porriño e a Garda Civil detiveron a dous individuos con cocaína e cartos agochados nun vehículo

- Anuncio -spot_img

A Garda Civil do Porriño, en colaboración coa Policía Local do Porriño, detivo a dúas persoas nunha rúa deste municipio no interior dun vehículo.A operación realizouse onte mércores.
Cando foron identificados e rexistrado o vehículo, atoparon en diferentes partes do turism, catro bolsas agochadas que contiñan o que despois se considerou cocaína, cun peso de 78,8 gramos, así como 420 euros en billetes e moedas.
Procederon á detención dos dous homes, de 49 e 58 anos, veciños de Porriño e Mos, que teñen un longo historial policial e antecedentes penais por tráfico de drogas.
Os detidos foron trasladados ao cuartel da Garda Civil para as correspondentes dilixencias e hoxe pasarán a disposición xudicial no Xulgado de Instrución 1 do Porriño.

Publicacións Relacionadas