Tamén informa da recuperación de 2 vehículos sustraídos e da imposición de 20 denuncias por incumprimento do uso das máscaras
Un home foi detido por un presunto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, nun
operativo policial no que se interviñeron varias doses de cocaína e heroína. segundo informou a Policía Local do Porriño.
Os feitos ocorreron o sábado, nas inmediacións da rúa Lugo. Un condutor levantou as
sospeitas dunha patrulla policial ao observar unha estraña manobra do vehículo. Realizouse
un seguimento solicitando a colaboración doutra patrulla da Policía Local do Porriño e
avisando tamén á Policía Local de Mos, xa que se trata dunha zona fronteiriza entre ambos
municipios.
Unha vez interceptado o vehículo, procedeuse á procura correspondente co descubrimento de 15 papeis de cocaína e outros dous envoltorios de heroína. O detido de 40 anos foi posto a disposición xudicial.
Aclaración dun roubo e multas de Covid
Por outra banda, a Policía Local de Porriño tamén informa do esclarecemento dun roubo de
dous vehículos sustraídos en Valencia e que poideron ser recuperados e entregados ao seu
lexítimo propietario esta pasada fin de semana.
Por último, a Policía Local do Porriño lémbranos a obriga de levar máscaras e cumprir os
protocolos anti-Covid. Os axentes continúan cos controis que, ata a data do hoxe luns 11,
provocaron 20 denuncias no que vai de 2021.