HomeO MorrazoMarínA Policía Local sufoca un incendio causado nunha vivenda de

A Policía Local sufoca un incendio causado nunha vivenda de

- Anuncio -spot_img

Sete Espadas no Día de Reis


A Policía Local conseguiu evitar unha traxedia maior a causa dun incendio que se
produciu nunha vivenda de Sete Espadas no Día de Reis, ás 08.40 horas. Segundo
informan fontes do corpo de seguridade municipal, recibiuse unha chamada da propietaria
da vivenda na que se ocasionaron as lapas, que, tal e como se extrae das primeiras investigacións, foron causadas por unha manta eléctrica.
Dúas unidades da Policía Local acudiron ao lugar do suceso e accederon ao espazo no
que estaba a orixe do incendio, que calcinou unha cama case por completo, afectando ao
colchón e ao somier.
Os axentes desprazados até o lugar conseguiron sufocar practicamente as lapas ata a
chegada dos Bombeiros do Morrazo, que extinguiron finalmente o incendio e extraeron
o fume da vivenda. Grazas a esta rápida actuación dos axentes de Marín evitáronse danos
maiores na vivenda.
Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Publicacións Relacionadas