Home Pontevedra Baixo Miño A ponte peonil de Tomiño-Cerveira, recoñecida nunhas xornadas organizadas pola ONCE como...

A ponte peonil de Tomiño-Cerveira, recoñecida nunhas xornadas organizadas pola ONCE como proxecto “destacado e influínte” a nivel estatal pola súa accesibilidade

- Anuncio -

A PONTE PEONIL DE TOMIÑO-CERVEIRA, RECOÑECIDA NUNHAS XORNADAS ORGANIZADAS POLA ONCE COMO PROXECTO “DESTACADO E INFLUÍNTE” A NIVEL ESTATAL POLA SÚA ACCESIBILIDADE

O arquitecto Ginés Garrido explicou a estrutura como un lugar de fácil acceso e circulación con grande calidade construtiva e amabilidade para todas as persoas usuarias

Salientou tamén que permite unha conexión territorial de dous países diferentes para que a cidadanía poida utilizar de forma complementaria os seus equipamentos con desprazamentos a pé e en bicicleta

A ponte peonil que unirá Tomiño e Vila Nova de Cerveira vén de ser recoñecida como un proxecto “destacado e influínte” en materia de accesibilidade universal nun congreso organizado pola Fundación Once en Madrid. O responsable do proxecto, Ginés Garrido, participou explicando a solución construtiva para salvar o río Miño nun encontro profesional de reflexión no que se reuniron os máis reputados estudos de arquitectura de todo o estado para abordar o deseño de espazos accesibles a través de tres eixos vertebradores: a sustentabilidade, a saúde e a tecnoloxía.

As persoas asistentes a chamado ‘Espazo NAN’ puxéronse ao día dos proxectos máis destacados e influentes na materia e debateron sobre as mellores solucións construtivas. Ginés Garrido explicou que o proxecto para salvar o río Miño na súa parte máis estreita foi gañador do concurso de ideas posto en marcha polo AECT Rio Minho baixo o título ‘Unha liña sobre o miño’, defendendo a estrutura como “un lugar propio transparente, lixeira e aéreo”. O traballo foi realizado polas sociedades Burgos y Garrido, representada por Ginés Garrido Colmenero, e Bernabeu Ingenieros, representado por Alejandro Bernabeu Larena

A nova ponte Goián-Cerveira, explicou Garrido, está caracterizada pola súa accesibilidade e preserva as vistas cruzadas das fortalezas situadas a un lado e outro do río. Trátase dunha ponte colgante de directriz recta e 330 metros de lonxitude e 9,20 metros de gálibo cunha horizontal composta por unha plataforma de catro metros de largo cun pavimento de madeira e de formigón e lastro portugués nos extremos, completada cunha varanda de malla metálica con pasamán de aceiro. A estrutura vertical está composta por dous apoios de aceiro na ribeira, que enlazan ao sur do Espazo Fortaleza, tamén na zona do auditorio, e ao sur do Parque do Castelinho.

Ginés Garrido falou da concepción do viaduto como un lugar de fácil acceso e circulación, cunha grande calidade construtiva e amabilidade para todas e cada unha das persoas usuarias. Salientou que as pendentes de entrada e saída foron concibidas para permitir o tránsito de mobilidades suaves (a pé, en bicicleta, en cadeira de rodas…) sen ningún tipo de barreira e superando os estándares requiridos na normativa vixente.

A maiores, subliñou tamén a visión territorial da accesibilidade construtiva, por enlazar dous parques diferentes que se complementan e dúas vilas con equipamentos que se complementan e que polo tanto teñen veciñanza que poden ir dun lado ao outro en bicicleta ou camiñando.

A presentación da ponte foi moi ben acollida por todas as persoas profesionais asistentes, xerando ademais bastantes preguntas sobre o seu deseño e efectivización.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas