O Concello do Porriño retoma este sábado a súa programación ca sétima arte ao aire libre
O domingo nova cita cos inchables acuáticos e dobre festa da espuma
Unha fin de semana máis, continúa a programación cultural e festiva no Concello do Porriño. A praza Arquitecto Antonio Palacios converterase nunha sala de cine ao aire libre para proxectar a película “Amigos imaginarios”. Será o sábado, día 16, a partir das 20.30 horas. “Queremos que o Porriño sexa un lugar de encontro, de cultura e de lecer toda a familia. Con iniciativas como estas achegamos a sétima arte a nenos e maiores nun espazo tan simbólico como a praza Arquitecto Antonio Palacios. É unha maneira de vivir o verán dende a rúa, coas persoas, e cunha programación pensada para desfrutar xuntos”, sinala o alcalde Alejandro Lorenzo.
O domingo 17, como todos os dos meses de xullo e agosto, instalaranse un tobogán xigante e inchables de auga para refrescar a tarde aos máis pequenos da casa rematando con festa da espuma. Será de 17.30 a 20.00 horas.
Festas nas parroquias de Atios e Torneiros
As parroquias de Atios e Torneiros celebran estes días as súas festas da Virxe da Guía e San Roque, respectivamente. En Atios as actividades comezan xa hoxe, ás 20.00 horas, con animación infantil, ás 21.30 horas actuará a Asociación Cultural Os Penediños de Atios e a continuación O Son do Furancho e a charanga SDK. Mañá, día grande da festa, ás 11.30 horas sairá a procesión dende a igrexa parroquial ata a capela da Guía, onde se oficiará a misa solemne ás 13.00 horas. O regreso das imaxes á igrexa será logo ás oito do serán e pola noite verbena amenizada pola orquestra La Ola ADN e o grupo Bahía con José Costas.
As Festas de San Roque de Torneiros inícianse mañá coas actuacións do dúo Estelar e o grupo La Patrulla. O sábado 16 será o día grande con pasarrúas ás 10.00 horas a cargo da Banda de Música do Porriño, que ofrecerá a continuación un concerto; ao mediodía misa solemne con precesión; ás 20.00 horas actuación da Banda de Acordeóns Metropolitana e pola noite verbena cos grupos Distrito 7 e La Tremenda. Para rematar, o domingo 17, ás 12.00 horas misa solemne con procesión acompañada polo Grupo de Gaitas Agarimo de Torneios; pola tarde, de 17.00 a 18.30 horas, festa da espuma e broche final a cargo das orquestras Suavecito e Costa Dorada.