A Praza do Concello acolleu esta mañá ás 12:00 horas unha concentración e un minuto de silencio sumándonos á convocatoria da FEMP, como mostra do noso pesar cos falecidos e as súas familias, cos feridos e coas persoas afectadas, tras o devastador incendio de Valencia.

