HomeTabeirósA EstradaA presentadora do “Dígocho Eu”, Esther Estévez, protagonizará mañá o último “Parladoiros”...

A presentadora do “Dígocho Eu”, Esther Estévez, protagonizará mañá o último “Parladoiros” no Principal

- Anuncio -spot_img

o Durante o encontro, os escolares da Estrada realizaranlle preguntas sobre o seu importante labor de difusión e normalización da lingua galega

A presentadora do espazo “Dígocho Eu” da Televisión de Galicia, Esther Estévez, protagonizará mañá, ás 20.30 horas no Teatro Principal da Estrada, a última entrega do ciclo de “Parladoiros” organizados con motivo do 75 aniversario do Principal.

O evento estará conducido pola xornalista estradense Marga Pazos e buscará achegar ao público a figura da protagonista, ofrecendo unha visión diferente da vida persoal e profesional da presentadora da TVG.

Ademais, entre o público estarán como convidados o persoal docente dos centros educativos estradenses e mais os escolares, que terán a oportunidade de formularlle a Esther Estévez as preguntas que prepararon previamente na clase sobre o importante labor de difusión e de normalización da lingua galega que realiza a través do seu espazo “Dígocho Eu”.

Co de Esther Estévez pecharase o ciclo de seis “Parladoiros” que comezou no mes de marzo e que conseguiu reunir na Estrada a invitados como Roberto Vilar, Miguel Anxo Bastos, Antón Losada, Guadi Galego, Xosé A. Touriñán ou Moncho Fernández, acadando un grande éxito entre público de todas as idades.

Aqueles/as interesados/as en asistir ao derradeiro dos “Parladoiros” deberán retirar a súa invitación de balde no Departamento de Cultura do Concello da Estrada.

Publicacións Relacionadas