Os Premios Feroz homenaxean as mulleres clave do audiovisual nun mes de novembro con marcado carácter feminista e que inclúe clase maxistral, xornadas de guión e o anuncio de nomeados
Os Premios Feroz continúan a súa extensa programación en Pontevedra co Ciclo Pioneiras: películas e coloquios con mulleres crave na cinematografía. A actividade central deste mércores, 5 de novembro, é a proxección do filme ‘Vamos, Bárbara’, seguida dun coloquio coa produtora Sol Carnicero. A sesión terá lugar mañá, mércores 5 de novembro, ás 18:00 horas no Teatro Principal.
‘Vamos, Bárbara’ é unha viaxe cara á liberdade en clave de comedia protagonizada por Amparo Soler Leal e Cristina Álvarez. Este filme, que ten unha duración de 95 minutos, é a ópera prima de Cecilia Bartolomeu, quen foi galardoada co Premio Feroz de Honra en 2022. A obra mostra as limitacións e prexuízos da España tras a morte do ditador.
A figura central do coloquio posterior á proxección será a produtora Sol Carnicero. Carnicero é unha figura referente no cinema español e destacou por ser a primeira muller en España en asumir a dirección de produción dunha longametraxe, precisamente con Vamos, Bárbara!. Sol Carnicero comezou no sector audiovisual en Televisión Española e foi impulsora e socia fundadora da Academia de Cinema. O coloquio estará moderado por María Hermida, xornalista de La Voz de Galicia.
Esta proxección enmárcase no Ciclo Pioneiras, unha iniciativa dos Feroz para recoñecer ás directoras, guionistas e produtoras que abriron camiño e que son un referente para as xeracións seguintes. O coloquio servirá para comentar as dificultades desas rodaxes e como ven a evolución da figura da muller na industria nos últimos tempos. O programa de novembro ten un marcado carácter feminista, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller o 25 de novembro.
As entradas para asistir á sesión son gratuitas, pero deben ser retiradas previamente na Oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra. Pódense retirar desde sete días antes de cada actividade e ata completar a capacidade do aforo, cun máximo de 4 entradas por persoa.
Sinopse de ‘Vamos, Bárbara’
O filme narra a historia de Ana, unha muller duns 40 anos, de familia burguesa e que traballa nun estudo de publicidade. Debido á súa fría e distante relación co seu marido, Ana decide separarse de el, a pesar da oposición da súa contorna. Posteriormente, vaise de vacacións coa súa filla Bárbara, de 12 anos, co propósito de deixar atrás o pasado e levar unha vida máis libre, menos convencional e sen ataduras.
Os Feroz en novembro
O mes de novembro, marcado polo tributo ás pioneiras, conta cunha ampla programación que busca achegar ao público figuras e oficios esenciais do sector audiovisual que non sempre teñen visibilidade.
Ciclo Pioneiras
Todas as proxeccións do Ciclo Pioneiras son no Teatro Principal ás 18:00 horas, con entrada de balde (previa retirada na Oficina de Turismo):
- Sábado 1 de novembro: Tivo lugar a proxección de ‘Brumal’ de Cristina Andreu, quen conversou con Teresa Cuíñas. Andreu foi fundadora e presidenta de CIMA durante sete anos.
 - Mércores 5 de novembro: Proxección de ‘Vamos, Bárbara’ e coloquio con Sol Carnicero.
 - Xoves 20 de novembro: Proxéctase ‘Función de noche’ de Josefina Molina, un documental que levou a autoficción a outro nivel. O coloquio contará coas xornalistas Concha Barral e Belén López (Diario de Pontevedra).
 - Luns 24 de novembro: Proxección de ‘El crimen de Cuenca’ e coloquio coa súa guionista, Lola Salvador. Salvador, distinguida coa Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes (2011) e o Premio Nacional de Cinematografía (2014), estará acompañada pola cineasta Paula Cons. Formación e Debate
 - Mércores 19 de novembro: Clase maxistral da deseñadora de vestiario de cinema e TV, Cristina Rodríguez. Rodríguez, quen estivo nomeada aos Goya en 7 ocasións, compartirá a súa perspectiva profesional sobre o seu proceso creativo e a súa visión do sector.
◦ Hora e Lugar: 19:00h na Facultade de Deseño.
◦ Acceso: Entrada libre ata completar aforo (sen retirada previa). - Xoves 20 de novembro (mañá): Xornada ‘Procesos de escritura: guión, interpretación e montaxe’, organizada pola Academia Galega do Audiovisual. A xornada busca destacar o guión como unha ferramenta de diálogo entre distintos oficios.
◦ Estrutura: Dúas mesas de diálogo na Aula de cine da Facultade de Comunicación, a partir das 10:00 horas. A primeira mesa (10:15h) centrarase en Guión e interpretación (con Victoria Teijeiro, Ledicia Sola, Fernando Tato e Paula Cons), e a segunda (11:30h) en Guión e a montaxe (con Laura Piñeiro, Sandra Sánchez, Ángel Filgueira e Gaspar Broullón).
◦ Acceso: Entrada de balde e non será necesaria a retirada previa. - Mércores 26 de novembro: Encontro sobre xornalismo cultural titulado ‘Informar sobre cinema’, organizado co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A conversa, que se celebrará ás 19:00 en Casa da Luz, abordará os límites e as dificultades do xornalismo cinematográfico e o papel da crítica.
◦ Participantes: María Guerra (presidenta da AICE), Ángel Suanzes (CSAG) e Andrea Villa.
◦ Acceso: Entrada de balde con inscrición previa en xornalistas@xornalistas.gal. - Anuncio de Nomeados
 - Xoves 27 de novembro: pola mañá celébrase o anuncio de nomeados á 13ª edición dos premios da AICE en Casa Consistorial (capacidade limitada). Pola tarde, haberá un coloquio no Teatro Principal cos intérpretes que desvelen os/as candidatos/as, para charlar sobre as súas carreiras e o panorama audiovisual actual.
◦ Acceso: Ambas as actividades son abertas ao público, previa retirada de entradas na Oficina de Turismo da rúa Montero Ríos.
A Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) celebrará os Premios Feroz por segundo ano consecutivo en Pontevedra, o sábado 24 de xaneiro no Pazo da Cultura. Estes premios destacan o mellor da produción audiovisual española do ano para a prensa especializada e están patrocinados polo Concello de Pontevedra. 

                                    

