Home O Morrazo Bueu A programación de verán do Museo Massó ofrece un agosto cheo de...

A programación de verán do Museo Massó ofrece un agosto cheo de actividades

- Anuncio -

Haberá obradoiros infantís, visitas guiadas e singraduras pola ría todas as semanas

O Museo Massó da Xunta de Galicia, situado en Bueu, ofrece como cada ano unha ampla programación de verán que enche agosto de actividades divulgativas e de lecer relacionadas co medio mariño. Haberá visitas guiadas cada fin de semana, obradoiros infantís e singraduras pola ría a bordo do galéon Ave de Paso e do pesqueiro Cachula. Nestas últimas propostas cómpre inscribirse previamente e o prazo para facelo en cada unha delas comeza a partir de que se anuncien en www.museomasso.blogspot.com


Os obradoiros arrancan o día 5 con O mapa do corsario, dirixido á cativada de catro a seis anos e co que se busca fixar mediante o xogo conceptos sobre as diferenzas entre a piratería e o corso, a súa natureza, obxectivo e papel no século XIX. O sábado 7 será a quenda do público de seis a doce, con A gran batalla de Rande, un achegamento a este feito histórico e ao mito do tesouro dos galeóns afundidos. Os participantes elaborarán un taboleiro inspirado na batalla para xogar a afundir a frota.


O xoves 12, nenas e nenos de cinco a nove anos gozarán con Os tesouros do galeón afundido, no que coñecerán o traballo da arqueoloxía subacuática, desde a exploración dos fondos mariños ata a interpretación dos restos e a formulación de hipóteses. O 14, os de seis a doce converteranse en expertos da arqueoloxía cun obradoiro práctico centrado nos achados do xacemento de Pescadoira, onde se atoparon os restos dunha fábrica de salga e un taller de ánforas de época romana.

A este grupo de idade diríxese, o día 19, Origami mariño, sobre as artes da pesca, que conclúe coa elaboración dun peixe coa técnica do origami, e, ao de catro a seis, na mañá do 21, Mar á vista, un xogo de recoñecemento de obxectos representados nunha das pinturas de Urbano Lugrís. O mes péchase con Corseando cos bolechas, tamén para cativada de catro a seis anos o xoves 26, e con Ex-libris. Personaliza os teus libros, para nenos e nenas de oito a doce anos, o sábado 28, no que aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns Todas as actividades terán lugar ás 12,00 horas.

Visitas guiadas
Canto ás visitas guiadas de balde para o público xeral, serán os domingos 1, 8, 22 e 29, de 12,30 a 13,30 horas e non é necesario inscribirse previamente. Os percorridos realizaranse tamén os sábados 7, 14 e 21 ás 22,00 horas, grazas á iniciativa Noites de verán que mantén aberto o museo ata as 23,00 horas nestas xornadas.

As persoas participantes nesta actividade embarcaranse na aventura da conquista do mar durante o período das grandes expedicións marítimas, ademais de afondar no coñecemento sobre a explotación dos recursos do mar, cun percorrido pola historia das industrias pesqueiras, a salgadura, as conservas e a industria baleeira.

Relacionadas

O Concello de Nigrán inaugura o muíño de Porto do Molle este sábado con...

0
A festa, aberta a toda a veciñanza, terá lugar a partir das 11:30 horas coa presenza das 'Pandereteiras do Sobreiro', a proxección da curta...

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

0
-A alcaldesa de Redondela e o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo mantiveron esta mañá a primeira reunión oficial dende o relevo de...

Máis de 650 escolares asisten este venres ao XV Tui Le no Teatro Municipal

0
É unha xornada de animación á lectura organizada pola Biblioteca Municipal e as bibliotecas escolares Este venres, 19 de abril, celébrase, no Teatro Municipal de...

A xestión do concello permite ao comedor escolar da Lama beneficiarse do programa “Come...

0
Concello, Xunta e CEIP da Lama colaboran para achegar ao alumnado unha dieta san a base de produtos galegos de calidade, proximidade e con...

As elaboracións do Obradoiro de Emprego de Pesca serán doadas ao Comedor Social

0
A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, visitou recentemente as prácticas de fileteado de peixe que se están a desenvolver no Espazo Emprendedor  A pasada...

O Concello licitará 8 postos nas Prazas de Abastos de Marín e Seixo

0
A Xunta de Goberno Local deu luz verde aos pregos que rexerán o concurso público. Son 4 postos en cada un dos mercados, destinados...

Publicacións Relacionadas