HomePontevedraA promotora do polígono do Vao iniciará a súa urbanización este ano

A promotora do polígono do Vao iniciará a súa urbanización este ano

- Anuncio -spot_img

A Comisión de Urbanismo tivo coñecemento da aprobación definitiva do proxecto de urbanización, que está pendente de que esta semana se inscriba no Rexistro e será aprobado na próxima Xunta de Goberno.
A Comisión de Urbanismo tivo coñecemento hoxe da aprobación definitiva do Plan de Urbanización do Polígono comercial do Vao. O concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda explicou que a próxima Xunta de Goberno podería aprobar o último trámite xurídico para darlle luz verde á este novo espazo comercial da cidade, logo de que se inscriba no Rexistro da Propiedade, un trámite que se poderá realizar esta mesma semana. O polígono do Vao, divido en tres sectores: A e B, comezou a súa tramitación en 1991, ao ano seguinte da aprobación do Plan Xeral. Foi a primeira parte do sector A, en marcha dende o ano 1999. A segunda parte do sector A, situado ao outro lado da estrada de Vilagarcía, quedou afectado pola ampliación da estrada de Vilagarcía e tamén pola autoestrada, quedando reducida a súa superficie de 103.000 m2 aos 42.000 m2 actuais. Unha vez aclarada a superficie, comezou a súa tramitación xurídica en 2014 coa modificación puntual do PXOM para adaptarse á nova superficie do terreo, e solicitar os informes sectoriais (algún deles tardou máis dun ano en emitirse, como no caso de estradas). No ano 2020 aprobouse o proxecto de compensación e polo camiño quedaba un recurso xudicial presentado por unha das empresas situadas na primeira fase do polígono A. Gabinete de Comunicación. Alcaldia comunicacion2@pontevedra.gal www.pontevedra.gal Simultaneamente, o Concello iniciou a tramitación do proxecto de urbanización que se presentou en 2018. Logo de solicitar os informes preceptivos a distintas administracións, aprobouse definitivamente en 2020. Na actualidade, está pendente da inscrición no Rexistro da Propiedade -un trámite que se realizará nesta semana-, para logo ser aprobado na primeira Xunta de Goberno. Neste punto remata a tramitación xurídica do polígono que xa dispón de autorización comercial, polo que os promotores terán 6 meses para iniciar as obras de urbanización e 12 máis para rematalas. O concelleiro de Urbanismo Xaquín Moreda aclarou que a empresa promotora poderá simultanear a construción das naves e a urbanización da parcela si achega en fianza o 100% do custe da urbanización. Segundo as previsións da Concellaría de Urbanismo, o polígono estaría urbanizado o segundo semestre de 2022. As cifras do polígono Este polígono estaría dividido en dous: un de 24.138 metros cadrados e outro de 5.642 metros cadrados, de uso mixto comercial. No novo polígono fíxanse as seguintes reservas: • Superficie edificable de uso comercial dividida en dúas parcelas: 17.731,77 metros2 con edificabilidade de 15.586,97 metros2 ; e unha parcela de 1.266,97 metros2 con edificabilidade de 964,81 metros2 . • Superficie destinada a espazos libres e zonas verdes: 4.406,02 metros2. • Viario e estacionamentos (462 prazas): 6.850,21 metros2 . • Parcela para equipamento: 688,30 metros2 . • Parcela de cesión municipal: 1.758 metros2 . • Cesión de parcela a Ministerio de Fomento para autoestrada é de 3.915,06 metros2 .

Publicacións Relacionadas