Home Pontevedra A Paradanta A rapazada de Crecente coñece os "tesouros humanos vivos" a través dos...

A rapazada de Crecente coñece os “tesouros humanos vivos” a través dos contacontos da Deputación

- Anuncio -
Os nenos e nenas do colexio Manuel Sieiro aprenderon hoxe con ‘Polo Correo do Vento’ técnicas de pesca da lamprea, traballos e músicas tradicionais e variedades dialectais da raia 

A actividade chegará tamén ao alumnado de A Guarda, O Rosal, As Neves, Salvaterra, Tomiño e Tui

Técnicas de pesca tradicional en torno á lamprea, características dos traballos artesanais, as variedades dialectais únicas na zona, os contos e lendas e mesmo as particularidades musicais, como as treboadas, que desde tempos inmemoriais se transmitían de xeración en xeración nos territorios transfronteirizos… foron hoxe protagonistas dos contacontos que a Deputación, a través do departamento de Cooperación Transfronteiriza de Uxío Benítez, levou ao colexio Manuel Sieiro de Crecente grazas ao programa ‘Tesouros Humanos Vivos’.

A actividade foi desenvolvida por ‘Polo Correo do Vento’, a través das historias de Enrique Mauricio e os debuxos de Carlos Taboada, que fixeron gozar desta experiencia de contacontos ilustrados a 40 nenos e nenas de entre 6 e 11 anoscoa compaña da música en directo de Antón Rey.

A rapazada, ademais de escoitar atentamente os relatos, participou activamente elaborando os seus propios debuxos e ilustracións que pasarán a decorar o centro educativo.

O programa de contacontos está enmarcado dentro da iniciativa ‘Tesouros humanos vivos’ un traballo de recuperación da memoria cultural galego-portuguesa no territorio do val do río Miño e busca dar a coñecer entre os máis novos, dun xeito lúdico e divertido, os saberes existentes a ambas beiras do río.

O obxectivo da actividade – que se desenvolveu, como non podía ser doutro xeito, respectando as medidas sanitarias impostas polo coronavirus- é poñer en valor as biografías homenaxeadas e afondar na idea do río Miño como unión de cultura, cunha proposta na que os nenos e nenas interaccionan co conto e co debuxo.

A iniciativa continuará e que este mércores o seu percorrido no Colexio Padres Somascos da Guarda e no CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal. Na vindeira semana a actividade chegará aos colexios de As Neves, Salvaterra, Tomiño e Tui.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto Tesouros Humanos Vivos do proxecto Smart Minho que desenvolve a Deputación de Pontevedra co cofinanciamento do 75 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional que busca documentar o noso patrimonio inmaterial e a súa posta en valor, así como a súa transmisión ás novas xeracións evitando así a súa desaparición.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas