Home Vigo Mos A rapazada mosense explora o Parlamento de Galicia da man da alcaldesa...

A rapazada mosense explora o Parlamento de Galicia da man da alcaldesa e da deputada autonómica de Mos

- Anuncio -

A concelleira de Educación acompañounas tamén nesta visita matinal, que se produciu hoxe, e na que preto de 100 escolares de Mos puideron coñecer en profundidade as funcións, funcionamento e competencias da institución, máximo órgano de representación do Pobo Galego

96 alumnos/as de sexto curso de Educación Primaria dos colexios de Mos visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia acompañados pola alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Educación, Julia Loureiro, e a tamén edil mosense e deputada autonómica no Parlamento, Feli Rodríguez.

O obxectivo principal desta actividade, promovida e organizada desde o Concello de Mos dentro do programa municipal de actividades en horario lectivo, é que o alumnado de sexto de Primaria coñeza de primeira man o funcionamento do Parlamento de Galicia, que é o máximo órgano de representación do Pobo Galego.

Outros obxectivos desta iniciativa son, tal e como explicaron as representantes municipais Arévalo, Loureiro e Rodríguez Carrera “coñecer as dependencias e funcionamento do Parlamento Galego dunha maneira máis directa. Entender a separación de poderes propia das democracias. E recibir toda a información sobre o funcionamento e competencias da institución”.

Nesta visita participaron os seguintes centros educativos: CEIP Mestre Martínez Alonso con 21 alumnos/as, CEIP Mestre Valverde Mayo con 28 alumnos/as, CEIP Pena de Francia con 22 alumnos/as e CEIP Atín-Cela con 25 alumnos/as.

A visita ás instalacións foi dunha hora de duración aproximada. O alumnado fixo un percorrido polo edificio acompañado dunha guía que lle foi explicando a historia do Parlamento de Galicia e as súas funcións.

A rapazada puido incluso entrar na parte baixa do hemiciclo.

A deputada do Parlamento de Galicia por Mos, Feli Rodríguez, explicoulles aos cativos e cativas asistentes cal é o seu cometido e funcións na cámara.

Outros temas que lles foron explicados aos alumnos e alumnas mosenses durante a visita desta mañá foron: O Parlamento de Galicia no estado das autonomías. O Parlamento de Galicia e os valores da democracia. O Parlamento de Galicia: a sede. Historia do Parlamento de Galicia. Organización do Parlamento de Galicia. Funcións do Parlamento de Galicia. Participación cidadá no Parlamento de Galicia. E datos sobre unha institución comprometida coa cultura.

Tamén abordaron o coñecemento sobre o Mapa Autonómico de Galicia e o Hemiciclo do Parlamento de Galicia.

Deste xeito, os alumnos e alumnas, e os seus profesores e profesoras, puideron coñecer un pouco máis o Parlamento de Galicia e as súas funcións. Tanto os contidos teóricos como as actividades foron totalmente adaptadas ás necesidades do alumnado.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas