HomePontevedraPontevedraA rapazada retrata a localidade co certame "Vilaboa, unha contorna sorprendente"

A rapazada retrata a localidade co certame “Vilaboa, unha contorna sorprendente”

- Anuncio -spot_img

O concurso escolar de fotografía, organizado por todos os centros, remata coa exposición dos traballos no Concello e no Centro de Saúde

O Concello de Vilaboa destaca o traballo realizado polo alumnado do CRA de Vilaboa, o CEP de Riomaior e o CPI Toural no Concurso de Fotografía organizado con motivo do Día das Artes Galegas baixo o título “Vilaboa, unha contorna sorprendente”, unha proposta educativa que buscou reforzar a conexión dos escolares co territorio a través da observación e da creación visual. A actividade enmárcase ademais na homenaxe ao fotógrafo galego José Suárez, figura central do Día das Artes Galegas deste ano, tal e como recolle o cartel da exposición titulada “Vilaboa, unha contorna sorprendente”.

Unha selección das imaxes pode visitarse xa e durante toda a vindeira semana na Casa Consistorial e no Centro de Saúde, onde se instalarán paneis expositivos que amosan a mirada da rapazada sobre o patrimonio e a paisaxe local. O cartel da mostra lembra que a fotografía se converteu nunha “ferramenta pedagóxica viva” que permite ao alumnado observar, interpretar e expresar a realidade que o rodea, ao tempo que serve para tecer lazos entre centros e poñer en valor a contorna e o patrimonio de Vilaboa.

A entrega de premios celebrarase o mércores na Casa Consistorial. Os gañadores desta edición son  Simón Novas Martínez, Enzo Pérez Martínez, ambos da escola de Barciela,  e Xian Portela Gómez, da aula de Pousada, en Infantil; Indiana Jiménez, do CPI Toural no primeiro ciclo de Primaria; Eila Barreiro (CPI Toural) e Pablo Ríos (CEP Riomaior) no segundo ciclo, e Darío González (CEP Riomaior) no terceiro ciclo; e en Secundaria, Yeray Antepazo.

O Concello trasladou os seus parabéns ao alumnado e ao profesorado pola implicación nun proxecto que combina creatividade, identidade e coñecemento do medio, e que contribúe a fortalecer o vínculo da mocidade co territorio e será o alcalde, César Poza, quien o mércores estará presente da entrega dos premios.

Publicacións Relacionadas