Home Pontevedra A Lama A reclamación unánime dos grupos políticos de máis medios para mellorar a...

A reclamación unánime dos grupos políticos de máis medios para mellorar a Atención Primaria no Centro de Saúde da Lama marca a celebración do pleno de corporación

- Anuncio -

Os concelleiros aprobaron tamén por unanimidade a petición ao Goberno de España de medidas para abaratar o recibo da luz e puxeron como festivos locais o 27 de xullo (San Xoaquín) e o 5 de agosto (As Ermidas)

Varias mocións presentadas polo PPdeG e o BNG en defensa de máis medios para mellorar a atención primaria no Centro de Saúde da Lama marcaron a celebración do pleno ordinario da Corporación Municipal.

Os populares reclamaron a través dunha moción que se instara ao Goberno de España a facilitar a cobertura de persoal médico na Atención Primaria coa ampliación de prazas de formación para que poideran optar ao sistema sanitario público máis doctores e pediatras para cubrir as necesidades que se están a producir neste sentido en centros médicos de todo o país, entre eles o da Lama.

Pola súa banda, o BNG tamén presentou outra moción na mesma liña en referencia concreta á situación vivida hai uns días cando se produciu a ausencia puntual de médico pola indisposición dun dos dous facultativos que prestan os seus servizos na Lama en coincidencia co periodo de vacacións do outro médico adscrito a este centro de saúde.

Tanto os voceiros do PPdeG, David Carrera, como do BNG, Xesús Fortes, e de Ciudadanos, Andrés Cal, así como o propio alcalde, manifestaron o seu descontento coa situación que incluso se agravou ao indispoñerse unha persoa en Barcia de Seixo o que fixo que o 112 tivera que desprazar a un médico e unha ATS desde o Centro de Saúde da Parda en taxi, que tardaron en chegar máis dunha hora e media longa ata a paciente.

O alcalde, Jorge Canda, incidiu na preocupación constante que desde o grupo de goberno se ten con respecto aos temas sanitarios e recordou que incluso, para cubrir a praza de pediatra todavía vacante desde hai dous anos, chegou a ofrecer aos responsables do Sergas unha vivenda para que fora ocupada polo facultativo que quixera instalarse na Lama, cuestión que non surtiu tampouco efecto pola ausencia de médicos especialistas nesta materia para incorporarse a este posto sanitario.

PETICIÓN UNÁNIMA PARA QUE SE REBAIXE O PREZO DA LUZ

Por outra banda, a proposta do PPdeG aprobouse por unanimidade unha moción na que se insta ao Goberno de España a que adopte medidas para a rebaixa do prezo da luz pola incidencia negativa que ten nas economías das familias e mesmo das empresas e emprendedores que vén mermadas as súas capacidades competitivas e mesmo de supervivencia polo elevado prezo da enerxía eléctrica.

Asemade, a Corporación Municipal aprobou por unanimidade a declaración de festivos locais para o ano 2022 os tradicionais 27 de xullo, San Xoaquín, e o 5 de agosto, dentro das celebracións das Festas das Ermidas.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas