Home Pontevedra Baixo Miño A rede móbil de nova xeración chega a Oia

A rede móbil de nova xeración chega a Oia

- Anuncio -

Para solucionar as posibles afeccións que estes cambios poidan ter sobre a TDT, habilítase o teléfono gratuíto 900 833 999

As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange implantarán nas próximas semanas en Oia os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración 4G e 5G (sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente). Para solucionar as posibles afeccións que estes cambios poidan ter sobre a TDT, as operadoras poñen a disposición da veciñanza o número de teléfono gratuíto 900 833 999.
As conexións de nova xeración permitirán aos veciños e veciñas de Oia contar con conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e tamén cunha maior extensión xeográfica. A prestación destes servizos móbiles nas bandas de 800 e 700 MHz poderá afectar á recepción do sinal de TDT dos usuarios, debido a que estas bandas eran anteriormente empregadas para o servizo da televisión.
No caso de producírense estas afectacións sobre a TDT, as operadoras teñen posto en marcha o servizo “llega700” para resolver calquera problema de xeito gratuíto. Para iso, tense habilitado o antedito número de teléfono, así como a páxina web www.llega700.es Ás persoas afectadas solucionaránselle as incidencias sen custo algún, co obxectivo de restablecer a recepción do sinal da TDT con total normalidade.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas