HomeVigoO PorriñoA reducción de impostos proposta polo Goberno Municipal non consigue o respaldo...

A reducción de impostos proposta polo Goberno Municipal non consigue o respaldo do pleno

- Anuncio -spot_img

• Os grupos municipais da oposición deixaron sobre a mesa as modificacións nas ordenanzas fiscais reguladoras do ICIO e do IBI polo que non entrarán en vigor no 2023

A proposta de reducción de impostos que o Goberno Municipal levaba onte a pleno a fin de aliviar o esforzo fiscal das familias e empresas porriñesas non conseguiu o respaldo dos grupos da oposición. As dúas modificacións das ordenanzas fiscais que contemplan bonificacións no IBI e no ICIO quedaron sobre a mesa a petición do grupo municipal do PSOE, que contou a tal fin co respaldo de BNG, EU SON e os dous concelleiros non adscritos, Manuel Carrera e Lourdes Moure.

A proposta do executivo contemplaba bonificacións no IBI do 30% da cuota íntegra para os inmobles que non dispoñan de conexión á rede de saneamento, do 90% e 50% para familias numerosas e de ata un 90% naqueles inmobles urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que creen postos de traballo. Tamén pagarían menos aquelas vivendas que instalaran sistemas de eficiencia enerxética, con bonificacións do 50% da cuota durante cinco periodos impositivos para a finalización ou obtención da obra. Tamén se incorporaban bonificacións no ICIO do 95% naquelas declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concurrir circunstancias sociais, culturais, histórico-artístico ou de fomento do emprego; do 60% para as obras e construcións necesarias para a posta en marcha de proxectos empresariais e do 30% sobre as instalacións de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo, que no caso de tratarse dunha vivenda de uso residencial ascendería ao 95%.

“Presentamos unha proposta viable e responsable co único fin de paliar a carga fiscal sobre a veciñanza nos tempos tan complicados que estamos a vivir”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Conta cos pertinentes informes e estudos financieiros para ser aprobado polo pleno e, tal e como saben todos os corporativos e corporativas, os prazos son axustados e tiña que aprobarse nesta sesión para que puidera entrar en vigor no 2023. Pedir que quede sobre a mesa para seguir co debate político impide que saia adiante en tempo e forma e a quen perxudica é aos cidadáns”.

O rexedor concluíu incidindo na viabilidade de reducir a presión fiscal “non é populismo é unha necesidade que se pode e se debe levar a cabo sustentada nunha boa xestión económica. A solución para o Concello e para a veciñanza non é subir os impostos, como pretendeu o anterior goberno no 2020. Esa é a vía fácil, cargar sobre a xente o peso en lugar de xestionar”.

Publicacións Relacionadas