HomePontevedraPontevedraA reforma da praza de Barcelos esperta o interese da comunidade escolar

A reforma da praza de Barcelos esperta o interese da comunidade escolar

- Anuncio -spot_img

O concelleiro Demetrio Gómez mantivo un encontro con representantes da Anpa e do Claustro, aos que lles pediu que definisen as necesidades do patio escolar, que está por concretar
Dende o centro interesáronse polos espazos de xogo dos nenos e nenas, as zonas verdes, polo o inicio das obras e, incluso, como veciós pediron que se estenda a compostaxe

O Concello de Pontevedra iniciou esta tarde o proceso de participación do ambicioso
proxecto de reforma da praza de Barcelos. O concelleiro de Obras e Mobilidade,
Demetrio Gómez mantivo unha reunión con representantes da Anpa e do Claustro do
centro para presentarlles a remodelación. A súa opinón é fundamental dado que
existe unha parte do proxecto pendente de concretar co colexio porque é o seu patio
escolar.
Demetrio Gómez resaltou que a reunión transcorreu nun “moi bo ambiente”. Os
representantes escolares amosáronse preocupados polo espazo destinado aos
cativos e cativas, polas zonas verdes da praza, e tamén polo novo parque infantil por
se vai ser un espazo aberto ou pechado. O proxecto contempla que estará pechado
na fachada da rúa e aberto de cara á praza.
O concelleiro fíxolles chegar o proxecto e en próximas datas comprometéronse a
presentarlle melloras, especialmente aquelas relativas ao patio escolar, que non
veñen definidas directamente no proxecto á espera das necesidades do centro.
Tamén preguntaron polos prazos: cando se ía empezar e a rematar e o tempo de
duración das obras. Demetrio Gómez explicou que nestes momentos estase nunha
fase previa ao inicio da contratación do proxecto.
Gabinete de Comunicación. Alcaldia
comunicacion2@pontevedra.gal
www.pontevedra.gal
Ademais de como representantes escolares, algúns asistentes que son veciños da
praza solicitaron que se estenda a compostaxe a esta zona da cidade.
Demetrio Gómez ten previsto seguir mantendo estes encontros sectoriais para
presentar o proxecto de Barcelos, xa que a normativa sanitaria non permite
encontros de moitas persoas. Deste xeito, o vindeiro martes, 19 de xaneiro, está
programada unha reunión coa Asociación Amizade e outra coa Federación de
veciños Castelao que solicitaron a reforma da praza de Barcelos nos orzamentos de
2020.
Na reforma da praza de Barcelos, as áreas infantís trasládanse cara a unha zona
máis central da praza e duplícase o espazo dedicado a este uso, establecendo dúas
zonas de xogos. Tamén se cambia de lugar e se incrementa o espazo dedicado a
usos deportivos que, ademais das pistas, contemplan mesas para a práctica de tenis
de mesa. Tamén se incrementan as zonas de sombra e as zonas verdes, coa
instalación dunha pérgola central e o redeseño das áreas arboradas. No borde norte,
isto é, a carón do muro de Santa Clara, mantéñense os plátanos centenarios,
plántanse novas árbores e créase unha zona de paseo e estancia, cunha senda
peonil, desde a que parte unha pradería verde que se extende practicamente ata o
centro da praza.
De cara a favorecer os usos comerciais dos negocios instalados actualmente no
perímetro da praza, redeseñouse toda a circulación perimetral da praza. Isto supón a
ampliación das beirarrúas, sobre todo no borde sur por ser onde se atopan os
negocios de hostalería, de cara a propiciar a instalación de terrazas. Tamén se tivo
en conta, no deseño xeral, que os escaparates dos negocios fosen visibles desde a
propia praza. En canto aos aparcadoiros de servizos, quedarán colocados na
beirarrúa oposta á que linda co negocio para interferir o menos posible na súa
actividade. En canto ao tráfico, manterase un único carril con entrada desde a rúa
Perfecto Feijoo e saída cara a rúa Cobián Roffignac. Manteranse as actuais entradas
e saídas do parking soterrado e desaparecerá a circulación desde a rúa Benito
Corbal cara a rúa San Antoniño.
Cabe lembrar que o proxecto de reforma da praza de Barcelos ascende a 5.792.987
euros

Publicacións Relacionadas