A reforma do Centro Social do Picho avanza xa na reestructuración dos espazos interiores

adminON
Lectura mínima de 3

As actuacións nas deterioradas instalacións municipais rematarán coas barreiras arquitectónicas ao estar pensadas para o día a día de persoas maiores

As obras de rehabilitación do centro social e de maiores de O Picho avanzan a un ritmo que permite confiar en que a empresa adxudicataria entregue a obra antes do comezo do verán cun importante axuste aos tempos previstos no contrato. Tralo vaciado interior das divisións, tanto na edificación principal como na anexa a empresa procedeu xa á adecuación do espazo no que se instalará o ascensor, a prantexar a escaleira interior que unirá as dúas plantas do edificio e á instalación da carpintería metálica que sustentará as novas divisións do espazo.

A memoria descriptiva deste ambicioso proxecto para Vilaboa contempla unha actuación de acondicionamento combinada cunha reforma estrutural sustancial que pasa polo rediseño dunha das fachadas para abrir os ventanais ata o chan, garantindo a accesibilidade universal e a eliminación de barreiras arquitectónicas. Está previsto tamén o acondicionamento de espazos exteriores como xardíns e zona de esparcemento ao aire libre.

Trátase dun edificio de dúas plantas situado nunha parcela de titularidade municipal cunha superficie de 863 metros cadrados cunha edificación auxiliar; todo elo en desuso despois de ter acollido a antiga escola unitaria e máis as oficinas da escola obradoiro.

A execución desta reforma é o resultado de varios anos de traballo previo, nos que o goberno de César Poza ideou a transformación deste espazo para convertilo nun centro de atención e actividades para persoas maiores, un servizo demandado pola cidadanía e esencial en Vilaboa tendo en conta o índice de envellecemento da poboación no municipio. “O remate da obra non suporá o comezo da entrada en funcionamento destas instalacións pero si un avance importantísimo na dotación dunha infraestrutura que é básica en Vilaboa e pola que somos conscientes que están esperando moitas familias, que precisan alternativas para os coidados das súas persoas maiores”.

César Poza, que supervisou co responsable de obra o avance dos traballos, recoñece que a posta en marcha do centro de atención aos maiores no Picho será unha das prioridades do goberno municipal.

Comparte este artigo