Home O Morrazo Cangas A reposición dun muro na Bouza Vella (O Hío) mellora a circulación...

A reposición dun muro na Bouza Vella (O Hío) mellora a circulación do tráfico e a seguridade dos peóns

- Anuncio -

O Concello de Cangas acometeu os traballos ante o risco de derrube do anterior valado

A reposición dun muro de pedra na Bouza Vella en Nerga, mellora a seguridade dos peóns que transitan pola zona así como o tráfico rodado, xa que a presión sobre o antigo muro, que amparaba o desnivel, fixoo ceder existindo xa risco de derrube.

O Concello de Cangas recurriu a un contrato menor por un valor de 8.500 euros para darlle solución a un problema de inseguridade e de insalubridade xa que o entorno do muro estaba cuberto de maleza.

O mencionado muro divide un desnivel na confluencia de dous camiños moi estreitos nun medio rural no que o ancho de vía é de 3 metros.

As obras levadas a cabo consistiron na desmontaxe do muro de rebos, previa limpeza e desbroce da zona. Abriuse unha zanxa para fixar unha cimentación onde apoiar as novas pezas de pedra, de cascote, cun encintado que contemplou respiros para o drenaxe das augas. A parte superior do muro formigonouse para evitar a proliferación de vexetación que poida danar o muro.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas