A Rosa gastronómica chega da man de A Festa BaRes Mos

adminON
Lectura mínima de 4

A Asociación de Hostaleiros mosense organiza por terceiro ano consecutivo, o vindeiro sábado 22 de xuño, unha iniciativa pioneira que aúna gastronomía e cultura, apoiada por Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Mos

A Festa da Rosa trae esta fin de semana ao Pazo de Mos a III Xuntanza Gastronómica organizada pola Asociación de Hostaleiros BaRes Mos. Trátase dun ambicioso evento gastronómico, musical e cultural programado polos hostaleiros mosenses que contará con 10 postos de comida e bebida e cun mercado de artesanía. Evento que conta co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Mos.

A Festa BaRes Mos, que así se denomina este evento gastronómico dará comezo ás 12.00 horas do sábado 22 de xuño, e que contará con todo tipo de actividades de entretemento que compañarán ao bo xantar. Entre elas, atópanse iniciativas para a cativada, así como propostas para as persoas adultas.

Os máis pequenos contarán con Festa da Auga, xogos tradicionais, contacontos, xoguetes de madeira e taller de chapas… etc. E para os maiores haberá un Show Cooking de Thermomix, mercado de artesanía, música, etc.

Como se dixo, desde as 12h comezará A Festa BaRes Mos e farao coa función de teatro ‘De Vilatriste a Vilalegre’, seguida ás 13h do concerto de Algarabía Folk, e xa pola tarde, ás 17h haberá animación infantil co Mago Marco.

Na recta final da xornada chegarán as actuacións de The Curmudgeon ás 13.30 horas, O Son das Tabernas ás 20.45 horas e Tonhito de Poi ás 22.30 horas.

A ampla e variada oferta gastronómica do día chegará de man dos hostaleiros mosenses, cun total de 10 stands, para degustar pratos de todo tipo a prezos populares, que van desde os 3 ata os 14 euros.

Así os 10 stands nos que degustar a mellor gastronomía mosense serán: RESTAURANTE QUINTA DA RIVAS – TAPERÍA LANO – TAPERÍA A BAXIÑA – CAFETERÍA BOB DYLAN – BOCATERÍA O ANGAR RESTAURANTE EDAN – BAR CASA VEIGA – BAR ENCONTROS – HAMBURGUESERÍA CARLETTO – RESTAURANTE FLORIANO.

E os pratos que ofrecerán cada un serán:

Bar Encontros

Tortilla 5,00 €

Empanada 5,00 €

Empanada de millo 6,00 €

Bocadillo de tortilla 6,00 €

Tapería Lano

Polbo 14,00 €

Xamón ibérico 12,00 €

Hamburguesería Carletto

Hamburguesa de polo 5,00 €

Hamburguesa Carletto 5,00 €

Tapería A Baxiña

Chipiróns 7,00 €

Croquetas 5,00 €

Restaurante Edan

Brochetas 5,50 €

Paella 6,00 €

Mousse de limón 3,00 €

Bocatería O Angar

Tiras de polo 7,00 €

Xamón asado 4,00 €

Restaurante Quinta da Rivas

Trío de tacos 9,00 €

Tarta de queixo 4,00 €

Brownie 4,00 €

Bar Casa Veiga

Pizza 3,00 €

Nachos 3,50 €

Gofre 4,00 €  /  Xeado 3,50 €

Cafetería Bob Dylan

Porco 5,00 €

Chouripán 4,00 €

Restaurante Floriano

Café 2,50 €

Infusión 2,00 €

Postres 4,00 €

Muffins 3,50 €

Chupito 3,00 €

Comparte este artigo