Home Pontevedra Caldas A Rúa 7 estrea nova imaxe, coa renovación do seu pavimento

A Rúa 7 estrea nova imaxe, coa renovación do seu pavimento

- Anuncio -

O alcalde, José Cela, visitou recentemente o remate das obras, á falta da creación de dous pasos elevados con plataforma única para dar acceso sen barreiras aos centros educativos, que se executarán cando remate o curso escolar.

O alcalde de Moraña, José Cela, visitou recentemente a case finalización do proxecto de
humanización e pavimentación da Rúa 7, que avanzou nos traballos nestas últimas
semanas e que xa loce o seu novo pavimento.

Agora, tal e como indicou o alcalde, “iniciarán os labores de pintado da sinalización
horizontal de tráfico e das marcas e despois faltará crear a plataforma única elevada nos
accesos ao colexio CPI Santa Lucía e á gardería municipal”. Este traballo require o corte ao
tráfico dos viais, polo que para evitar ao máximo o trastorno que pode supoñer para a
actividade lectiva, “levarase a cabo cando remate o curso e se inicien as vacacións do
verán”.

A Rúa 7, ademais do seu elevado uso residencial, xa que experimentou un importante
crecemento edificatorio nos últimos 15 anos, alberga algunhas das instalacións públicas
máis relevantes: os centros educativos antes mencionados, dous pavillóns e o campo de
fútbol do Buelo.

De feito, xa se levaron a cabo nos últimos anos actuacións de mellora nestes espazos, así
como a ampliación das beirarrúas e a construción dunha pista multideporte e un circuíto de
pumptrack.

A superficie total sobre a que se actuou foi de 7.233 metros cadrados. Ademais, tamén se
renovará o pavimento nas Rúas 15, 16 e 17.

A inversión que se realizou neste proxecto de mellora é de 140.693,68 euros (IVE incluído),
con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Cela recalcou “a necesidade que temos de facer inversións para converter o noso casco
urbano nun espazo máis cómodo para os veciños, no que minimicemos o risco de tráfico e

que permita aos habitantes de Moraña desfrutar das súas rúas, con comodidade e
seguridade”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas