Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Bueu A Sala Amalia acolle a exposición "Orgullosos do Noso" de visibilización de...

A Sala Amalia acolle a exposición “Orgullosos do Noso” de visibilización de deportistas da vila

- Anuncio -
  • Salvador Santos, máis coñecido como ‘Charri’, é o autor das fotos e inaugura a mostra este venres, nun acto que terá lugar ás 20.30 horas

A Sala Amalia Domínguez Búa acollerá entre o 12 e o 25 de xullo a exposición “Orgullosos do Noso”, de Salvador Santos ‘Charri’. O acto inaugural será este venres 12 ás 20.30 h na propia Sala.

Na mostra poderase ver unha panorámica dos e das deportistas de Bueu que están acadando éxitos e premios nas diversas disciplinas, como fútbol, taekwondo, natación, fútbol sala, hípica, tiro con arco, loita, remo etc. Salvador Santos traballou durante máis dun ano na realización das fotografías a moitos deportistas da vila, sobre todo de idades cativas, e a través delas pretende ensinar que a vila bueuesa conta cun enorme talento deportivo e cun gran futuro, ademais de visibilizar as diversas disciplinas, moitas delas aínda descoñecidas pola maior parte da poboación.

Salvador Santos, ‘Charri’, naceu en Bueu no 1953 no seo dunha familia mariñeira humilde. De neno empeza a traballar na pesca de baixura ao cerco no barco ‘Cabilla” propiedade do seu pai. Posteriormente foi marmitón ao bacallau e aí empeza o seu percorrido polos diferentes caladoiros Grand Sole, Nova York, Canarias, Sudáfrica, Arxentina… Despois dunha vida dedicada ao mar, no 2007 xubílase e mantén unha vida activa, adentrándose dende hai uns anos na fotografía afeccionada, e organizando diversas exposicións tanto conxuntas como individuais, caso de “Mariñeiros. A memoria do sal” do colectivo Abrenoite sobre a memoria mariñeira, ou “Esenciais”, na que retratou a persoas de Bueu que foron indispensables durante a pandemia. Agora segue a reivindicar o presente de Bueu a través da mostra sobre deportistas.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas