Home Pontevedra O Salnés A Sala Nauta de Sanxenxo acollerá esta semana novos cribados da Área...

A Sala Nauta de Sanxenxo acollerá esta semana novos cribados da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés para a detencción da Covid 19

- Anuncio -

En coordinación co Consistorio sanxenxino, terán lugar os vindeiros xoves 2 e venres 3 de setembro de 9 a 14 horas en horario de mañá e de 16 a 21 horas polas tardes

A Administración Sanitaria Pública galega vai convocar por SMS a 3.500 habitantes dentre 15 e 39 anos desta localidade con tarxeta sanitaria activa no Concello

As mostras con PCR nasofarínxea tomadas en Sanxenxo procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados negativos serán comunicados por SMS mentres que os casos positivos notificaránse de xeito individual a cada cidadán

A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, continúa a presente semana con novos cribados poboacionais con PCR nasofarínxea na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus.

Deste xeito, en coordinación co Consistorio de Sanxenxo, a Sala Nauta desta localidade acollerá novos cribados voluntarios con PCR os vindeiros xoves 2 e venres 3 de setembro, de 9 a 14 horas en horario de mañás e de 16 a 21 horas polas tardes.

Para levar a cabo estes cribados, a Administración Sanitaria Pública galega contará na Sala Nauta sanxenxina con dous equipos de enfermaría por cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización das tomas de mostras e información aos usuarios.

Convocatoria a 3.500 sanxenxinos dentre 15 e 39 anos

Á dita iniciativa preventiva, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés vai convocar por SMS a 3.500 habitantes dentre 15 e 39 anos de Sanxenxo con tarxeta sanitaria activa nesta localidade.

Todas as mostras tomadas con PCR nasofarínxea no Concello de Sanxenxo os vindeiros xoves e venres procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que estes sexan negativos.

No caso de resultar positivos, estas notificacións comunicaránse de xeito individual a cada cidadán.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas