HomePontevedraBaixo MiñoA San Silvestre Tudense consolídase en só catro edicións acadando as 2...

A San Silvestre Tudense consolídase en só catro edicións acadando as 2 mil persoas inscritas

- Anuncio -spot_img

Este evento que tivo carácter solidario recadou 3.500 a favor da AECC

Novo récord de participación na IV San Silvestre Tudense celebrada o pasado 31 de decembro. A proba contou con 2 mil persoas anotadas, pechándose a inscrición catro días antes do establecido inicialmente pola organización ao acadar o número máxico fixado para esta edición.

A proba foi festiva, deportiva e tamén solidaria logrando recadar 3.500 €, doados polas persoas participantes, a favor da Asociación Española contra o Cancro

O percorrido, de catro quilómetros, tivo na Corredoira o punto e inicio e final, e pasou por zonas emblemáticas  como a Catedral de Tui, o conxunto histórico, o paseo fluvial, os xardíns Troncoso. Na chegada os e as deportistas de todas as idades repuxeron forzar co avituallamento, e cun chocolate quente con churros. A festa continuou ao son das badaladas das doce do mediodía tomando as uvas, celebrando, de xeito adiantado, o fin do ano.

O Concello de Tui agradece a excelente organización do Club Atletismo Tui e a implicación dos seus deportistas, que xunto co persoal do departamento de obras, os membros da policía local de Tui e os voluntarios de protección civil de Tui, fixeron posible que a proba se desenvolvera da maneira máis segura para os participantes.

Agradecer tamén a colaboración das empresas privadas, dado que sen a súa colaboración económica, non podería realizarse calquera dos eventos que se realizan no noso concello.

O Concello de Tui agradece a participación de todas as persoas no evento, e a súa aportación económica á AECC, xa que grazas a estas doazón a asociación pode seguir ofrecendo servizos gratuítos aos pacientes oncolóxicos e aos seus familiares en Tui e no Baixo Miño.

No ano 2025, a AECC realizou un total de 1.024 intervencións na comarca do Baixo Miño. Esas intervencións divídense en atencións psicolóxicas, atencións sociais e de préstamo de material ortoprotésico, logopedia, fisioterapia e exercicio físico oncolóxico e, por último, acompañamento de voluntariado en hospitais.

O evento, organizado polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui, contou coa colaboración da Policía Local e Protección Civil de Tui, da Radio Municipal de Tui e o apoio económico de varias empresas tudenses.

Publicacións Relacionadas