Home Vigo Pazos de Borbén A SD Pazos presume de cantidade e calidade na presentación dos seus...

A SD Pazos presume de cantidade e calidade na presentación dos seus equipos

- Anuncio -
  • O club conta con máis de 100 deportistas distribuídos en equipos de todas as categorías
  • A Sociedade Deportiva Pazos presentará este sábado aos veciños de Pazos de Borbén todas as categorías do club. Unha xornada festiva na que os máis de 100 deportistas que integran o club faranse a fotografía oficial da tempada, pasando así de forma oficial á historia do club e recibindo ao apoio dos seus veciños e familiares.
  • A presentación comezará ás 16:30 horas co desfile de todos os membros das categorías inferiores e finalizará ás 19:00 horas coa celebración do partido correspondente á Terceira División na que milita o equipo senior. Encontro que enfrontará aos actuais líderes da competición, o equipo local e o SD Xove.
  • Actualmente o club conta con máis de 100 deportistas entre os equipos senior, sub-23, xuvenil, infantil, alevín, benjamín e biberón. “Este será un día de festa. As categorías inferiores son a base de calquera club, é o que marca o seu futuro e o que permite dar a oportunidade a veciños de todas as idades de competir e gozar do deporte”, explicou o presidente da SD Pazos, Manuel Ferreira.
  • Do mesmo xeito, Ferreira destacou o gran ambiente e unión entre todos os membros do club como clave do éxito do equipo. “Somos unha gran familia. Desde os biberóns ata os seniors, todos reman na mesma dirección porque se algo ten este club é un gran sentimento de pertenza”, finalizou o presidente.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas