Home O Morrazo Marín A segunda edición da Carreira Carmiña traerá a cerca de 700 corredores...

A segunda edición da Carreira Carmiña traerá a cerca de 700 corredores ao litoral de Marín

- Anuncio -

A alcaldesa, María Ramallo; o concelleiro de Deportes, Antonio Traba; o organizador Víctor Riobó e o atleta español Juan Carlos Higuero presentaron o evento, que se celebrará este domingo.

A inscripción supera os 700 corredores, entre adultos e escolares, e ten como obxectivo unir deporte, turismo e cultura.

A fachada litoral da nosa vila volverá ser protagonista da Carreira Carmiña, un evento que suma deporte, turismo e cultura e que xa é unha data asentada no calendario dos afeccionados ao running.

A alcaldesa, María Ramallo e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentaron xunto ao organizador do evento, Víctor Riobó, e o atleta español Juan Carlos Higuero, esta carreira, que xa ten as súas inscricións pechadas con máis de 700 corredores apuntados.

A saída será desde a Praia de Lapamán, pasando por todo o resto de areais do noso municipio até chegar finalmente ao Paseo Alcalde Blanco, que terá unha meta espectacular no seu miradoiro superior.

En total, o percorrido terá unha distancia de 10,6 quilómetros aproximadamente e transcurrirá por toda a costa, por riba do mar, con traxectos de terra, asfalto e area de praia, de xeito calculado para facer pasar aos corredores no momento de marea baixa.

A maiores, celebrarse unha Mini-Carmiña, que constará duns 5,6 km aprox e que terá saída do Porto Deportivo de Aguete.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas