HomeBaixo MiñoA GuardaA Semana Santa arranca as celebracións relixiosas na Guarda este venres

A Semana Santa arranca as celebracións relixiosas na Guarda este venres

- Anuncio -spot_img

A Guarda convértese na Semana Santa na referencia do Baixo Miño cunha gran tradición das súas celebracións relixiosas.

Este venres 27 de marzo darán comezo os actos relixiosos coa misa solemne e posterior procesión ás 20:30h polo venres de dor. Este domingo ás 11:30h celebrarase a tradicional bendición de ramos no auditorio de San Benito, seguido da procesión cara a igrexa parroquial par a Misa de Ramos.

O Xoves Santo, ás 21:00h sairá a procesión dos Pasos. Xa para o Venres Santo, ás 11:00h celébrase a procesión do Encontro coa súa recreación na praza do Reló. Mentres que pola noite, ás 21:00h sairá a procesión do Santo Enterro.

Co fin de semana, o sábado ás 8:00h celébrase a Procesión da Soidade, e en horario nocturno, ás 22:00h, será a solemne Vixilia Pascual. Para rematar as celebracións relixiosas, o Domingo de Pascua celébrase a misa solemne e a bendición ás 11:30h.

Con motivo das procesións realizaranse cortes de tráfico puntuais, sinalados polos axentes da Policía Local.

Publicacións Relacionadas