Os Reis sairán ás 19.00 horas dun lugar indeterminado para percorrer ás rúas da localidade.
Os Reis Magos non faltarán a súa cita cos nenos e nenas do Grove inda que este ano haxa que realizar a visita con condicións de seguridade especiais. Deste xeito as súas maxestades iniciarán a visita ás 19.00 horas, pero non se dará información sobre o seu punto de saı́da para evitar aglomeració ns. A partir dese momento percorrerán diversas rúas do Grove para que os cativos poidan velos preferiblemente dende os balcó ns e as fiestras.
Sexa como sexa insı́stese en manter as normas de seguridade e distanciamento.
AF s 20.00 horas aproximadamente os Reis serán recibidos no Concello polo Alcalde. Todo o percorrido e a recepción será retransmitido en directo por Todogrove polo que existen moitas posibilidades de poder ver aos tres reis sen que sexa preciso crear aglomeracións que poidan supoñer un risco.