HomePontevedraO CondadoA titularidade municipal dos terreos da nave Aceros del Tea un paso...

A titularidade municipal dos terreos da nave Aceros del Tea un paso máis cerca tras finalizar o trámite

- Anuncio -spot_img
  • O proxecto de equidistribución dos terreos da nave de Aceros del Tea foi publicado no BOPPO esta semana
  • O expediente do proxecto estará en exposición pública durante o prazo dun mes
  • O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou esta semana o proxecto de equidistribución do Polígono Único da área de reparto AR-10 do PXOM de Ponteareas, é dicir, dos terreos que corresponden á nave de Aceros del Tea.
  • Esta publicación é un paso xigantesco no avance da obra de rehabilitación xa que sen a titularidade dos terreos non se poderían comezar os traballos recollidos na licitación, da cal remata o prazo de presentación o 29 de agosto.
  • O actual goberno atopou este proxecto (que se iniciou no ano 2016 no mandato do bipartito) totalmente atascado e sen unha liña direccional clara. A obra, que conta co financiamento de fondos europeos EDUSI, estaba paralizada e dende o goberno garanten que “esta tarefa é a nosa prioridade en materia de Urbanismo, hai moito diñeiro en xogo que non podemos deixar perder pola inacción doutros” explica a alcaldesa, Nava Castro
    “Todos os folgos deste equipo de goberno estarán postos na rehabilitación desta nave, para ofrecer aos habitantes de Ponteareas o espazo que tanto tempo levan requirindo” sinala Silvia Fernández, concelleira de Urbanismo.
  • Unha vez remate o prazo de exposición pública e os terreos pasen a ser titularidade municipal e tamén se resolva a adxudicación da licitación poderase dar comezo ao inicio das obras.
    “Imos contra reloxo, pero garantimos que axilizaremos ao máximo os prazos para conseguir financiar a maior parte do proxecto” aseguran dende o Concello.

Publicacións Relacionadas