Home Pontevedra O Condado A Travesía Vila do Tea volve a Ponteareas

A Travesía Vila do Tea volve a Ponteareas

- Anuncio -

O Concello pon en valor o “grande esforzo” do Club de Natación Ponteareas para organizar un evento “moi importante” para o muncipio


A Travesía Vila do Tea presentou hoxe a súa quinta edición no Concello de Ponteareas. Os nadadores volverán ao verán do municipio, despois de que a edición do ano pasado tivera que ser suspendida por mor da COVID. O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, destacou o “grande esforzo” do Club de Natación Ponteareas para organizar un evento “moi importante” para o municipio.


O presidente do Club, Andrés Carrera, informou que nesta edición a travesía conta con varias novidades importantes. Ademais das habituais competicións de nadadores e nadadoras profesionais, non profesionais, e de categorías inferiores, este ano será a primeira vez que a travesía conte con deportistas con diversidade. “Un gran paso para facer esta competición máis accesible”, destacou
“A organización desta Travesía foi moi difícil, pero a facemos de forma segura e cun protocolo moi traballado”, afirmou o vicepresidente do Club. A xornada contará con varias medidas de prevención da COVID. Todo o traballo dos organizadores supón para o concelleiro Miguel Bouzó un “orgullo que demostra que o deporte é seguro”, e “ratifica a Ponteareas como unha potencia no aspecto deportivo”.


A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, reiterou durante a presentación do acto os seus “parabéns” ao Club pola súa gran labor deportiva no municipio. Afirmou que “proxectos como este sempre terán cabida en Ponteareas porque poñen en valor o concello e reactivan a economía”.


A Travesía Vila do Tea será a que abra o Circuíto Galego de Augas Abertas que organiza a Federación Galega de Natación, e que este ano soamente conta con tres probas. “Feito que fai aínda máis destacado a labor do Club de Natación de Ponteareas”, afirmou o representante da Federación, Cristián Fernández.

Xa hai máis de 100 nadadores e nadadoras inscritas, pero aínda quedan prazas. A data límite para poder participar acaba o 11 de agosto. O Club porá en marcha unha retransmisión en “streaming” para que ninguén se quede sen poder desfrutar da Travesía.
Na presentación tamén estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que destacou que a Travesía pon en valor os “grandes contornas” que hai en Galicia para desenvolver estas actividades. Ao tempo, que afirmou que o deporte tamén ten a capacidade de atraer turismo.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas