HomePontevedraCaldasA UNED continúa en Portas cunha charla sobre a glaucoma o ciclo...

A UNED continúa en Portas cunha charla sobre a glaucoma o ciclo de conferencias polo seu 50 aniversario

- Anuncio -spot_img

O Departamento de Extensión Universitaria descentraliza as actividades conmerativas desta efemérides con actos nas distintas Aulas Universitarias creadas na provincia

Abel Cons Arcos, óptico optometrista disertará este xoves 21 de marzo, de 18 a 20 horas, sobre a chamada “cegueira silenciosa”.

A UNED continúa coa celebración do seu 50º aniversario coa posta en marcha dun ciclo de conferencias para poder asistir @gratuitamente en directo ou en diferido. Así, este xoves 21 de marzo ás 18 horas o óptico e optometrista Abel Cons Arcos protagonizará na aula Universitaria de Portas unha charla sobre o “Glaucoma: a cegueira silenciosa”.

A UNED deseñou un variado e atractivo ciclo de conferencias con motivo do seu 50º aniversario que ten, ademais da charla anunciada sobre o glaucoma, outra o 19 de abril en Pontevedra baixo o título “Algunhas reflexións sobre feminismos”, que estará protagonizada por Pilar Allegue Aguete, doutora en Filosofía pola Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade Complutense de Madrid.

Daniel Vigo Blanco, licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Cooperación Internacional e Xestión de ONGDs pola Universidade de Santiago de Compostela impartirá na UNED en Pontevedra, entre o 17 e o 21 de abril, os seus coñecementos sobre “Xestión de proxectos europeos: Fondos Next Generation”.

Outra das actividades programadas para conmemorar esta efemérides é unha conferencia, que terá lugar o 28 de abril no salón de actos da aula Universitaria da UNED en Vigo sobre “A república dixital: Filosofía e democracia no século XXI” protagonizada por José M. Hernández Losada é profesor na UNED, director do Departamento de Filosofía e Filosofía Moral e Política. Licenciado e doutor en Filosofía (1987 e 1995) e Magister en Dereito Constitucional e Ciencia Política (1992), realizou estudos posdoctorales na Universidade de Cambridge (Reino Unido) e The Johns Hopkins (EEUU) entre 1996 e 1998. Tamén foi cofundador e durante máis de quince anos Secretario de Redacción da Revista Internacional de Filosofía Política. Impartiu conferencias como profesor invitado, entre outros países, en Arxentina, Colombia, Costa Rica, Estados Unidos, Italia, México e Reino Unido.

UN ELENCO DE ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DESCENTRALIZADAS

Por outra banda, sinalar que dentro do desexo de descentarlizar as actividades conmemorativas do 50º aniversario da UNED en Pontevedra, o departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, que coordina Rafael Cotelo Pazos, deseñou toda unha serie de iniciativas formativas e divulgadoras que teñen como epicentro as Aulas Universitarias da UNED en toda a provincia.

Así, o xoves 23 de marzo, o óptico optometrista Abel Cons Arcos protagonizará na aula Universitaria de Portas unha charla sobre o “Glaucoma: a cegueira silenciosa”, unha actividade dirixida ao público en xeral e especialmente destinada a aquelas persoas que son máis susceptibles de padecer esta patoloxía, convertendo esta sesión interesante para xente de todas as idades.

Os obxectivos desta conferencia van focalizados a dar a coñecer o glaucoma e a forma na que afecta á visión; diferenciar os distintos síntomas asociados desta patoloxía; coñecer de forma global os distintos métodos que nos axudarán no seu diagnóstico e concienciar sobre a importancia dunha revisión visual completa para previr posibles enfermidades.

Publicacións Relacionadas