HomePontevedraO CondadoA Unidade de Doazón de Sangue estará na avenida de Galicia o...

A Unidade de Doazón de Sangue estará na avenida de Galicia o venres 15 e o sábado 16 en Ponteareas

- Anuncio -spot_img

O Concello informa que a Unidade de Doazón de Sangue estará o vindeiro venres 15 e sábado 16 na avenida de Galicia, en Ponteareas. En horario de mañá e tarde o venres e só de mañá o sábado a unidade móbil atenderá a todas as persoas que desexen compartir saúde.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades.

Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

No desenvolvemento do seu traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das súas veciñas e veciños.

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais
encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando esperas.

O Concello informa que a Unidade de Doazón de Sangue estará o vindeiro venres 15 e sábado 16 en Ponteareas. En horario de mañá e tarde o venres e só de mañá o sábado a unidade móbil atenderá a todas as persoas que desexen compartir saúde.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades.

Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

No desenvolvemento do seu traballo resulta imprescindible o apoio de todas as
entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das súas veciñas e veciños.

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais
encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando esperas.

Publicacións Relacionadas