Home Pontevedra Poio A Valedora do Pobo iniciará unha investigación para dar resposta á denuncia...

A Valedora do Pobo iniciará unha investigación para dar resposta á denuncia efectuada polo BNG a respeito da situación sanitaria en Poio

- Anuncio -

1500 veciños e veciñas continúan sen ter médico/médica asignada

A Valedora do Pobo manifestou o seu compromiso de iniciar unha investigación para estudar a denuncia presentada polo BNG a respeito da situación crítica que sofre a atención primaria no concello de Poio. Este compromiso produciuse despois dunha reunión con representantes do BNG do concello de Poio, onde se puxo en coñecemento as consecuencias para a veciñanza de non cubrir de forma permanente unha praza que atende a 1500 pacientes (facultativa que cubre os centros de saúde de Anafáns e Combarro).

Compre lembrar que na actualidade conta cun médico para atender a 1500 persoas de dous
cupos que se amortizaron nunha soa praza hai xa varios anos. A principios do presente ano, a facultativa que atendía os centros de Anafáns e Combarro trasladouse a outro municipio, e o SERGAS non cubríu a praza, provocando listas de agarda de máis de vinte días para unha cita médica.

Na actualidade, pois, 1500 veciños e veciñas seguen sen ter médico asignado e sen poder acceder a atención médica; as listas de agarda sobrepasan os vinte días, os cupos están
desbordados e a escaseza de persoal sanitario é manifesta, unha situación que a responsábel nacionalista, Marga Caldas, non dubida en calificar de “vulneración do dereito protección da saúde das persoas”.

“Dende o BNG presentaremos un documento no que se defenderá o dereito á protección da
saúde e a unha atención sanitaria digna, demandando a cobertura do persoal de maneira
permanente e estábel”, afirmou a responsábel local nacionalista, ao tempo que manifestou a súa esperanza de que o proceso de investigación aberto pola Valedora do Pobo serva como primeiro aviso á Xunta de Galiza, para que cumpra dunha vez por todas coa súa obriga de garantir unha atención sanitaria digna para todos os veciños e veciñas de Poio

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas