Foron levada a cabo grazas a unha subvención de 123.000 euros da Deputación para garantir a conservación deste viaducto medieval.
Ás 19 horas haberá unha conferencia de José Benito García sobre Os Arrieiros, ás 20 horas unha cata de viños do Ribeiro grazas á Ecotaberna do Suído e ás 21 horas actuará o “Blus do País e o Sindicato da Verbena” a través do programa +Música.
A veciñanza de Verducido (A Lama) inaugurará as obras de restauración levadas a cabo polo Concello e a Deputación de Pontevedra para conservar Ponte Anceu a través dun proxecto de rehabilitación levado a cabo pola empresa especializada Árbore Sociedade Cooperativa Galega cun investimento de 122.812,93 euros.
O acto inaugural terá lugar ás 12 do mediodía e está previsto que se corte unha cinta coa bandeira galega no que estarán presentes os veciños e veciñas de Verducido así como o alcalde da Lama, David Carrera, e o deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela.
Posteriormente, pola tarde, a partir das 19 horas terá lugar na Casa do Pobo de Verducido unha conferencia do escritor e divulgador histórico José Benito García quen falará do “Camiño dos Arrieiros” e da influencia que tiveron as pontes como a de Ponte Anceu para facilitar a vertebración territorial do interior de Galicia e en especial a comunicación entre a provincia de Ourense e Pontevedra.
Tamén falará do comercio do viño do Ribeiro e tamén da mercadoría inversa a base de produtos da salazón que do porto de Marín e Pontevedra viaxaban de regreso ata as terras do interior da provincia e de Ourense grazas ao traballos dos arrieiros coas súas acémilas.
Arredor das 20 horas, Ecotaberna do Suido ofrecerá unha cata de viños do Ribeiro relacionados co Camiño dos Arrieiros e haberá tamén a oportunidade de probar o “Quitafames”, a base da soborosa carne do Suído que a modo de aperitivo acompañará aos distintos caldos que se presenten.
Finalmente, ás 21 horas rematarán os actos de celebración da inauguración das obras de Ponte Anceu cun concerto a cargo de “Blus do País e o Sindicato da Verbena” que chegan a Verducido a través do colaboración entre o Concello da Lama e a Deputación de Pontevedra dentro do programa +Música.