- Estes resultados dos dous surfistas galegos prodúcense apenas dous meses despois do gran papel que tiveron no Euro SUP 2022 de Dinamarca no que ambos os dous proclamárons campións de Europa
A viguesa Esperanza Barreras vén de acadar dúas medallas no ISA World StandUp Paddle and Paddleboard Championship 2022 (WSUPPC) que se celebra en San Juan, Puerto Rico dende o pasado 28 de outubro ata o vindeiro 6 de novembro. A surfista galega acadou as preseas internacionais nas categorías de carreira técnica, por unha banda, e en resistencia, pola outra.
Pola súa parte, o santiagués Guillermo Carracedo quedouse a un paso de entrar no top 10 mundial de SUP ondas, ficando definitivamente nun meritorio décimo segundo posto.
Estes resultados dos dous surfistas galegos prodúcense apenas dous meses despois do gran papel que tiveron no Euro SUP 2022 de Dinamarca onde Guillermo proclamouse campión de Europa de SUP ondas e Esperanza acadou o campionato de Europa de Longa Distancia e o subcampionato na Carreira de Praia.
Os recentes éxitos so surf en Galicia reforzan a importancia de centros como o Núcleo de Adestramento Deportivo (NADE) que a Xunta puxo en marcha este ano en Nigrán, e que da a posibilidade ás novas promesas do surf da nosa comunidade para formarse nun centro de excelencia en materia de tecnificación deportiva. Cómpre salientar, ademais, que coa inclusión do surf como modalidade olímpica dende os Xogos de Toquío, xustifica máis se cabe a necesidade de seguir apostando por este deporte.



