Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A VIII Festa do Pan de Millo e do Ovo de Cotobade...

A VIII Festa do Pan de Millo e do Ovo de Cotobade homenaxea a figura do gaiteiro Secundino Míguez “Tinolo”

- Anuncio -

• Cubela ensalzou os 55 anos en activo do músico, oito dos cales tocou na compaña do mítico Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón

A VIII Festa do Pan de Millo e do Ovo de Cotobade serviu de marco para reivindicar e homenaxear a figura de Secundino Míguez “Tinolo”, un veterano gaiteiro que levaba máis de 55 anos de actividade, oito dos cales tocou na compaña do mítico Ricardo Portela.

O acto contou coa presenza de Jorge Cubela, os concelleiros Pepe Pichel, Fernando Vázquez, Lourdes Ovelleiro e membros da Corporación Municipal así como directivos da Asociación Cultural Foula, organizadora deste evento gastronómico e musical no transcurso do cal o edil de Tenorio, Pepe Pichel, entregoulle a “Tinolo” unha figura de Sargadelos en agradecemento polo seu traballo a prol do folclore galego ao longo de máis de medio século.

Este evento gastronómico organizado pola Asociación Cultural Foula e que conta coa colaboración do Concello de Cerdedo-Cotobade, volve a celebrarse despois do parón obrigado pola pandemia da Covid-19 coa intención de despachar máis dun milleiro de ovos fritidos con pan de millo desmigado para servir durante toda a xornada aos comensais que ata alí se acheguen.

Ademais do atractivo gastronómico desta festa, que chega á súa oitava edición, tamén mantén o seu interese desde un punto de vista musical e folclórico coa participación de importantes agrupacións que animarán o certame durante toda a xornada.

ACTUACIÓNS MUSICAIS DURANTE TODA A XORNADA
Así, ás 13 horas interviron coa súa música os Gaiteiros das Rías Baixas, ás 15 horas tomaron o relevo as Pandereteiras do Val de Quireza, mentras que ás 16 horas tocaralle á Banda de Música de Tenorio.

Ás 18 horas terá lugar a sesión infantil con Magín Blanco e ás 20 horas actuará Metalxis. Unha hora máis tarde, ás 21 horas, tocaralle o turno a Os D`Arbo e pechará a xornada festiva o Bruxo do Río facendo unha queimada de balde.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas