Medio cento de crianzas de toda Galicia reúnense esta fin de semana na Residencia de Tempo Libre de Patos para debatir sobre os dereitos dixitais da infancia
A ‘Xeración Xa!’ do Concello de Nigrán exerce por vez primeira de anfitrioa no ‘IV Consello Autonómico de Consellos Locais da Infancia e Adolescencia’ que se celebra esta fin de semana no Residencia de Tempo Libre de Patos a instancias de Unicef. Así, seis voceiros do órgano de participación infantil e xuvenil do municipio debatirán xunto a preto de 50 crianzas de toda Galicia sobre os seus dereitos dixitais, temática elixida este ano desde Unicef para este encontro bianual. Ademáis destes representantes de consellos de toda Galicia estarán tamén mozos e mozas do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA), órgano no que tamén figura Nigrán grazas a Cayetana Guede (IES Val Miñor) e Carmen Vázquez (CEIP Humberto Juanes).
Durante todo o sábado e a mañá do domingo, todos xuntos traballarán na temática elixida participando en diferentes scape-rooms ao respecto (tamén gozarán de momentos de ocio e tempo libre, como o show do ilusionista Xulio Merino que se lles ofrecerá desde o Concello). O último día, domingo ao mediodía, será cando presenten as súas conclusións ante o alcalde de Nigrán, representantes da Xunta e de Unicef.
O Concello de Nigrán foi recoñecido o ano pasado por Unicef como ‘Ciudad Amiga de la Infancia’ tras anos de intenso traballo, esto implica ter en conta dunha forma efectiva e medible as voces, necesidades e prioridades das crianzas a través das decisións políticas. “Desde o Concello de Nigrán estamos moi orgullosos de contar cunha mocidade comprometida e participativa que nos permite construír un municipio de verdade amigo da infancia”, sinala o alcalde, Juan González. “Grazas a eles podemos deseñar as políticias culturais, sociais ou medioambientais que deciden, sen imposicións desde un punto de vista só adulto”, engade.
A ‘Xeración Xa!’ está constituído por crianzas de diferentes centros educativos do municipio e reúnese durante o curso escolar mensualmente, destas asambleas xurden propostas que trasladan directamente ao goberno local, como foi o caso dos campamentos artísticos de verán. Calquera crianza da localidade pode solicitar unirse a este órgano de consulta e participación do Concello de Nigrán.