– Durante as cinco xornadas deste evento, durante os pasados 31 de xullo e 4 de agosto, este dispositivo asumiu unha actividade de 687 asistencias sanitarias, que cursaron unha evolución positiva
– Consolidouse a coordinación conxunta co Consistorio cambadés tras as xuntanzas de planificación e seguridade celebradas en maio para a cobertura sanitaria da LXXII edición deste relevante evento festivo anual, que cada edición consolida a súa referencia turística, gastronómica, lúdica e musical tanto a nivel autonómico, coma nacional e internacional
A Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés valora positivamente o operativo asistencial planificado en Cambados durante a celebración os pasados mercores 31 de xullo ao domingo 4 de agosto da LXXII edición da Festa do Albariño, que acadou durante as cinco xornadas deste evento unha actividade de 687 asistencias sanitarias, que cursaron unha evolución positiva.
Neste senso, cómpre sinalar que o pasado mes de abril mantívose un primeiro encontro entre directivos sanitarios e responsables do servizo de Atención Primaria de Cambados co alcade desta localidade, Samuel Lago Ozón e a voceira de Servizos Sociais, atención á diversidade funcional e Sanidade deste consistorio arousán, Regina Núñez Mosteiro, na que consensuaron a participación conxunta de ambas institucións nas xuntanzas de coordinación asistencial e de seguridade -celebradas o pasado mes de maio- previas á celebración durante os pasados 31 de xullo e 4 de agosto desta Festa do Albariño, nas que traballaron nas planificacións e protocolos de cobertura asistencial e sanitaria.
Colaboración conxunta e satisfactorio desenvolvemento
Consolidouse desde xeito a colaboración conxunta da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e do Concello de Cambados para acadar un satisfactorio desenvolvemento asistencial e de seguridade deste relevante evento festivo anual, que cada edición consolida a súa referencia turística, gastronómica, lúdica e musical tanto a nivel autonómico, coma nacional e internacional.