Home O Salnés Cambados A xerencia da Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés valora positivamente...

A xerencia da Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés valora positivamente o operativo asistencial planificado durante a Festa do Albariño de Cambados

- Anuncio -

–             Durante as cinco xornadas deste evento, durante os pasados 31 de xullo e 4 de agosto, este dispositivo asumiu unha actividade de 687 asistencias sanitarias, que cursaron unha evolución positiva

–             Consolidouse a coordinación conxunta co Consistorio cambadés tras as xuntanzas de planificación e seguridade celebradas en maio para a cobertura sanitaria da LXXII edición deste relevante evento festivo anual, que cada edición consolida a súa referencia turística, gastronómica, lúdica e musical tanto a nivel autonómico, coma nacional e internacional

A Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés valora positivamente o operativo asistencial planificado en Cambados durante a celebración os pasados mercores 31 de xullo ao domingo 4 de agosto da LXXII edición da Festa do Albariño, que acadou durante as cinco xornadas deste evento unha actividade de 687 asistencias sanitarias, que cursaron unha evolución positiva.

Neste senso, cómpre sinalar que o pasado mes de abril mantívose un primeiro encontro entre directivos sanitarios e responsables do servizo de Atención Primaria de Cambados co alcade desta localidade, Samuel Lago Ozón e a voceira de Servizos Sociais, atención á diversidade funcional e Sanidade deste consistorio arousán, Regina Núñez Mosteiro, na que consensuaron a participación conxunta de ambas institucións nas xuntanzas de coordinación asistencial e de seguridade -celebradas o pasado mes de maio- previas á celebración durante os pasados 31 de xullo e 4 de agosto desta Festa do Albariño, nas que traballaron nas planificacións e protocolos de cobertura asistencial e sanitaria.

Colaboración conxunta e satisfactorio desenvolvemento

Consolidouse desde xeito a colaboración conxunta da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e do Concello de Cambados para acadar un satisfactorio desenvolvemento asistencial e de seguridade deste relevante evento festivo anual, que cada edición consolida a súa referencia turística, gastronómica, lúdica e musical tanto a nivel autonómico, coma nacional e internacional.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas