Home Pontevedra Deza A XGN Intermax 2024 arrinca cun interesante programa de obradoiros tecnolóxicos e...

A XGN Intermax 2024 arrinca cun interesante programa de obradoiros tecnolóxicos e máis de vinte competicións de arte dixital, videoxogos ou modding

- Anuncio -

• Nesta 24ª edición da party máis de 800 inscritos dispoñen dunha conexión de 40 Gbps, o dobre que na pasada edición

• Conta con medio centenar de actividades programadas, con propostas exclusivas para inscritos e tamén conferencias e áreas de lecer de acceso libre durante os dous primeiros días.

• Este evento, que ten lugar ata o domingo na Feira Internacional de Galicia ABANCA, conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e estrea patrocinador coa empresa tecnolóxica galega Intermax Technology

• Antes da tradicional conta atrás da party gardouse un minuto de silencio polas víctimas da Dana que afectou ao leste e sur de España

A XGN Intermax 2024, a maior lanparty de Galicia, xa está en marcha na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda. Unha 24ª edición que estrea patrocinador coa compañía tecnolóxica galega Intermax Technology, e conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, a cal é impulsora da party.

Os dous pavillóns principais do recinto feiral, de 10.000 metros cadrados cada un, acollen ata o domingo a máis de 800 rexistrados na Intranet do evento, os cales xa desfrutan dende esta mañá dunha cita na que comparten os seus intereses sobre novas tecnoloxías e lecer electrónico con outros afeccionados e profesionais, ademais de formarse e tamén competir en diversas áreas.

As persoas rexistradas na party dispoñen dun posto para o seu equipo informático con dereito a acampar no interior do pavillón e tamén dun amplo programa de propostas e torneos exclusivos. E todos eles teñen a posibilidade de navegar, grazas a Intermax Technology, a unha velocidade de ata 40 Gbps, o que supón o dobre que na pasada edición.

Como en cada unha das súas edicións, a party oficializou o seu inicio cunha conta atrás que deu paso a un vídeo resumo da súa pasa cita Sen embargo, hoxe este momento estivo marcado polas consecuencias da Dana que afectou ao leste e sur de España, gardándose un minuto de silencio polas vítimas desta traxedia antes da conta atrás.

En canto ao programa, arrincou hoxe para os rexistrados con máis dunha vintena de competicións centradas en arte dixital, videoxogos, modding (modificación de equipos), setups (personalización creativa do espazo individual dos particpantes na party) ou programación de robots para que compitan nun sinxelo xogo. Ademais, na área de hardware xa está en marcha a granxa de impresoras 3D e outros divertidos xogos para estes participantes.

Talleres e zonas de xogos na Extranet

En canto á Extranet, zona de acceso libre na que poden participar hoxe e mañá tanto os rexistrados como os visitantes ao recinto, destacaron os talleres tecnolóxicos, os cales se centraron na aprendizaxe sobre refrixeración líquida de computadores e montaxe dun dummy. No primeiro, os asistentes formáronse sobre como elixir pezas adecuadas, planificar a montaxe e tamén os pasos básicos para unha instalación eficiente e segura, optimizando así o equipo para obter o máximo rendemento. Respecto ao segundo, os participantes aprenderon a ensamblar un robot articulado e dinámico, un dummy 13, con pezas impresas en 3D e a través da comprensión do seu mecanismo. Unha experiencia divertida e educativa en montaxe de sistemas articulados na que ao final puideron levar o seu dummy.

Ademais, esta tarde aínda se celebrará outro obradoiro, centrado en cosplay (actividade consistente en confeccionar e/o usar disfraces e accesorios para representar un personaxe de videoxogo, cinema, manga ou cómic), baixo o título “Crea a túa propia máscara da praga”.

A estas propostas súmanse tamén desde esta mañá as áreas de videoconsolas, de lentes de realidade virtual ou de simuladores de videoxogos, ademais de futbolín, ping pong, xadrez ou pistas deportivas.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas