Home Pontevedra Deza A XGN R Encounter comeza mañá con 425 participantes e un programa...

A XGN R Encounter comeza mañá con 425 participantes e un programa que aposta polas novas tecnoloxías e o ocio electrónico

- Anuncio -

 Esta lanparty, que se celebra ata o luns na Feira Internacional de Galicia ABANCA, recupera o formato presencial para inscritos, quen poderán participar en máis de 40 actividades lúdicas e formativas

 As actividades de acceso libre, que serán unicamente online e se poderán desfrutar a través do canal de Discord da party ou de Youtube, incluirán interesantes conferencias e talleres. Ademais, emitirase por streaming un maratoniano programa da party, o cal será accesible a calquera persoa interesada en seguir a actualidade desta cita

 A aposta pola seguridade é unha das premisas desta edición, a cal conta cun completo protocolo de prevención fronte á COVID-19

A 21ª XGN R Encounter comeza mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA. E faio con 425 participantes que desfrutarán ata o vindeiro luns dunha cita tecnolóxica que recupera o seu formato presencial para os inscritos, nunha edición con aforo reducido.

Trátase da segunda lanparty, tras a celebración da Euskal Encounter o pasado mes de xullo en Bilbao, que recupera a presencialidade dos participantes. Estes poderán gozar dun programa que incluirá máis de 40 actividades lúdicas e formativas, entre elas competicións de arte dixital, seguridade informática ou videoxogos.

A aposta pola seguridade é unha das premisas principais desta cita, que conta cun completo protocolo de prevención fronte á COVID-19, favorecido polos enormes pavillóns do recinto, a súa ventilación e a redución do aforo, menor do habitual nos últimos anos, o que permite en todo momento unha ampla separación persoal entre participantes.

Sumaranse aspectos como a medición de CO2, reforzo da vixilancia e a limpeza, uso obrigatorio de máscara ou habilitación de puntos de desinfección.

Esta cita é a quinta con R como colaboradora e patrocinadora oficial, a cal proporciona ademais 20 xigas de velocidade de conexión ao evento, e de novo conta co apoio da
Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party. A XGN R Encounter está vinculada á rede de Encounters que a Fundación Euskaltel impulsa desde hai máis de 25 anos e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter.

Actividades
Especialmente interesante será nesta edición a área de hardware, que entre as súas moitas actividades, como a modificación e personalización de equipos, inclúe un taller para montar unha “ retroconsola”, a Open Led Race, carreira onde os participantes terán que facer avanzar a súa cor LED por un circuíto, e o Roteiro Maker, unha iniciativa que tenta achegar a ciencia e a tecnoloxía ás zonas rurais e semirrurais de Galicia con diferentes talleres para todos os públicos e nun formato innovador e divertido. Tamén haberá competicións de arte dixital, centradas en curtametraxe, gráficos 3D, ilustración e música dixital, concurso de dobraxes e fotografía, retoque fotográfico, fast compos e anime music vídeo.

Así mesmo, os participantes afeccionados ao software libre poderán tomar parte no AI Contest, unha proba consistente en programar un robot para que compita con outros nun
sinxelo xogo. De igual forma, organízanse torneos de trece videoxogos distintos, entre os
que non faltan algúns dos máis populares, como LOL, CSGO, Valorant ou Skribbl. io, Fifa21, JustDance 21, Guilty Gear: Strive ou Mario Kart 8: Deluxe. E, como sempre, haberá tamén divertidos xogos como o Trivial de cinema, o karaoke ou o “Non te rías que é peor”.

A XGN R Encounter tamén incluirá un programa de actividades que será unicamente online e de acceso aberto e gratuíto tanto para os rexistrados como para o público en xeral. Desta maneira, quen o desexe poderá desfrutar a través da canle de Discord da party ou de Youtube de conferencias e talleres con títulos tan atractivos como “Guía de supervivencia de criptomonedas”, “ IVAO España, a familia da simulación aérea”, “Un stream desde o outro lado” ou “O onte e hoxe do k-pop”.

Encounter TV
Moitas das actividades da XGN R Encounter serán retransmitidas e comentadas nun extenso programa que se emitirá en streaming durante os dous primeiros días do evento a través da plataforma “ Twitch”, de forma que será accesible a calquera persoa interesada en seguir a actualidade do encontro tecnolóxico. O programa, que leva por título EncounterTV, incluirá ademais entrevistas e actuacións musicais e humorísticas.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas