Home Pontevedra Deza A XGN R Encounter incide na divulgación tecnolóxica a través de talleres,...

A XGN R Encounter incide na divulgación tecnolóxica a través de talleres, charlas e a presenza de iniciativas innovadoras

- Anuncio -

 Un dos novidosos proxectos na party é “Roteiro Maker”, protagonizado por unha furgoneta que percorre as zonas rurais e semirrurais de Galicia dando a coñecer o movemento Maker e ofrecendo diferentes talleres para todos os públicos nun formato novo e divertido. Durante dous días esta furgoneta está aparcada no interior da lanparty para que os participantes podan visitala, ademais de organizar accións formativas.

 As conferencias organizadas durante o evento sobre diferentes temáticas relacionadas coas novas tecnoloxías están tendo unha boa acollida tanto entre os participantes no evento como entre quen optan por seguilas a través de Youtube ou Twitch.

 Pasado o ecuador da XGN R Encounter todas as actividades se están desenvolvendo con total normalidade e nun gran ambiente. Son especialmente esperadas as actuacións musicais de Elesky e Pablo Díaz, gañador de ‘Pasapalabra’ e violinista, que terán lugar esta tarde e poderán ser seguidas pola canle twitch.tv/euskalencounter

A XGN R Encounter incide máis que nunca nesta edición na divulgación científica e tecnolóxica. E faio tanto a través de conferencias e talleres como da presenza de iniciativas innovadoras.

Exemplo destas últimas é o proxecto “Roteiro Maker”, o cal fixo unha parada moi especial na XGN R Encounter co obxectivo de reforzar o afán formativo do evento.

Esta iniciativa, protagonizada por unha furgoneta perfectamente habilitada, percorre as zonas rurais e semirrurais de Galicia para dar a coñecer o movemento Maker e potenciar a creatividade, a innovación e o respecto polo medio ambiente. Durante dous días esta furgoneta está aparcada no interior da lanparty para que os participantes poidan visitala, mentres que os seus responsables desenvolven talleres formativos.

Pasado o ecuador desta 21ª edición da XGN R Encounter, que se celebra na Feira Internacional de Galicia ABANCA ata mañá 11 de outubro, todas as actividades están a desenvolverse con total normalidade e nun gran ambiente. Son especialmente
esperadas as actuacións musicais de Elesky e Pablo Díaz, gañador de ‘ Pasapalabra’ e violinista, que terán lugar esta tarde e poderán ser seguidas pola canle twitch. tv/
euskalencounter dentro do programa Encounter TV que retransmite a actualidade da
party.

De igual forma, as charlas e conferencias organizadas durante o evento sobre diferentes temáticas relacionadas coas novas tecnoloxías están a ter unha boa acollida tanto entre os participantes no evento como entre quen opta por seguilas a través de Youtube ou Twitch.

Esta cita é a quinta con R como colaboradora e patrocinadora oficial, que ademais proporciona 20 xigas de velocidade de conexión ao evento, e de novo conta co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party. A XGN R Encounter está vinculada á rede de Encounters que a Fundación Euskaltel impulsa desde hai máis de 25 anos e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter.

Actividades en marcha
Os responsables das diferentes áreas que conforman a party resaltan a alta participación e o gran nivel mostrado nas competicións de arte dixital que están en marcha, en categorías como curtametraxe, gráficos 3D, ilustración e música dixital, concurso de dobraxes e fotografía, retoque fotográfico, fast compos e anime music vídeo.

Os expertos en seguridade informática e programación danse cita no “AI Contest”, a competición de software libre que inclúe retos que poñen a proba os seus coñecementos, e que rematará hoxe. Tamén se está dando unha alta participación nas competicións de videoxogos, que alcanzan hoxe as fases finais das que sairán os gañadores nos torneos
de LOL, CSGO, Valorant ou Skribbl. io, Fifa21, JustDance 21, Guilty Gear: Strive ou Mario Kart 8: Deluxe.

As ganas de poder tomar parte nun evento presencial destas características, tras os meses máis duros da pandemia, é palpable no evento e a party está a gozar dun gran ambiente. De feito, xunto ás actividades máis lúdicas, os participantes apuran as horas tomando parte tanto nas propostas formativas como asistindo á emisión do maratoniano programa EncounterTV, que se prolongará ata a medianoite de hoxe dando conta da actividade da party. Mañá rematará esta edición da XGN R Encounter ás 17 horas, tras a entrega de premios aos gañadores de todas as competicións

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas