HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA XIII Transgalaica 2023 reunirá a preto de medio milleiro de ciclistas...

A XIII Transgalaica 2023 reunirá a preto de medio milleiro de ciclistas nun circuito de 60 quilómetros con saída e chegada no “boulevard” da Chan de Carballedo

- Anuncio -spot_img

• O alcalce Jorge Cubela salientou a importancia da proba deportiva e destacou o dinamismo e o retorno económico que produce no municipio desde o punto de vista turístico e hosteleiro

O “boulevard” da Chan de Carballedo reunirá o vindeiro domingo 26 de febreiro a medio milleiro de ciclistas na proba inaugural do circuíto de bicicleta de montaña BTT na modalidade de maratón XIII Transgalaica 2023 composta por un total de 5 carreiras.

A XIIIª edición da Transgalaica 2023 foi presentada esta mañá diante do Consistorio en Carballedo e contou coa presenza do alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz e do directo do Team Relay, organizadora da proba, Javier Sánchez, así como do técnico municipal de deportes Diego Lóez González “Coco”.

A proba, que conta coa colaboración do Concello e da Federación Galega de Ciclismo, discorrerá por un circuíto moi esixente e formado polas pistas de terra dos montes da contorna de Carballedo cunha lonxitude uns 30 quilómetros que se terán que cubrir en dúas voltas ata conformar uns 60 quilómetros.

A carreira arrancará ás 9.30 horas do “boulevard” de Carballedo e salvará un desnivel acumulado duns 1.500 metros, sendo o observatorio, a 650 metros de altura, o punto máis elevado que terán que afrontar os ciclistas.

A chegada estímase que se producirá, no caso do gañador, sobre as 12.00 horas ao centro de Carballedo e a entrega de premios está fixada para as 13.30 horas.
A Transgalaica 2023 é o circuíto de BTT máis importante do noroeste peninsular e contará coa participación dos mellores corredores galegos da modalidade así como outros procedentes de Asturias, Castela e León e de Portugal.

Ademais do concello de Cerdedo-Cotobade as outras sedes do circuíto serán Ames (12 de marzo), A Estrada (26 de marzo), Silleda (23 de abril) e a Estación de Montaña de Manzaneda que acollerá a proba final o 30 de abril.

O alcalde, Jorge Cubela, agradeceu á organización que volveran contar con Cerdedo-Cotobade como lugar de saída desta nova edición da Transgalaica e “salientou o noso compromiso para seguir disfrutando desta proba no noso municipio pola importancia que ten en canto ao número de participantes, ao movemento que xera de persoas que siguen
ou acompañan aos ciclistas e tamén polo retorno que produce sobre os establecementos hostaleiros dinamizando tamén económicamente o nosoconcello. Ademais, é unha magnífica oportunidade para promocionar turísticamente os nosos lugares e parroquias xa que moita xente aproveita esta proba para coñecer os espazos naturais e o patrimonio históricoartístico que temos e moitos deles regresan con familiares e amigos en ocasións posteriores para seguir disfrutando do noso concello”, indicou o rexedor.

Publicacións Relacionadas