Home Pontevedra A Lama A Xunta adxudica as obras da nova planta de transferencia da Lama...

A Xunta adxudica as obras da nova planta de transferencia da Lama por máis de 1,1 millóns de euros

- Anuncio -

— Estará localizada no polígono industrial de Racela, nunha parcela de 2.300 m2


— A adxudicataria entregará o proxecto de execución e actividade no prazo de tres semanas e a obra deberá estar culminada en 16 semanas, coa previsión de que entre en funcionamento no verán de 2022

A Xunta de Galicia adxudicou por algo máis de 1,1 millóns de euros (1.107.555,43 €) as obras da nova planta de transferencia da Lama, que substituirá e mellorará a microplanta que leva anos operando neste concello.

A plataforma de contratos públicos da Xunta publica hoxe a adxudicación deste contrato licitado en abril pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama).

Estará instalada no polígono industrial de Racela, nunha parcela de case 2.300 m2, e tamén dará servizo aos concellos de Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes e Ponte Caldelas, aínda que se poderá ampliar a outros municipio, pois ten unha capacidade de transferencia de máis de 5.000 toneladas ao ano.

Complementariamente, tamén se habilitará unha nave de 600 m2 que contará cos seguintes elementos: un compactador fixo, unha báscula, un sistema de translación de contedores, con capacidade para dous, un aparcamento de contedores, unha depuradora de augas residuais e paneis solares para o propio autoconsumo da planta, fomentando deste xeito as enerxías renovables.

Esta operativa permitirá transferir, ademais da bolsa negra e da bolsa amarela, a fracción de residuos orgánicos recollidos no contedor marrón, que posteriormente serán enviados á planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa cando estea operativa.

A adxudicataria entregará o proxecto de execución e actividade no prazo de tres semanas e a obra deberá estar culminada en 16 semanas, coa previsión de que entre en funcionamento no verán de 2022.

Deste xeito, avánzase un chanzo máis no obxectivo da Unión Europea que fixa a implantación da recollida selectiva da materia orgánica a través do quinto contedor, o de cor marrón, para finais de 2023.

Co obxectivo de axudar aos entes locais nesta responsabilidade municipal, a Xunta impulsou distintos proxectos para cumprir con este reto. Así, a planta da Lama é unha das instalacións que forma parte da rede de infraestruturas industriais, deseñada polo Goberno galego, para facilitar que máis de 2,2 millóns de galegos que residen en 283 concellos conten cun servizo de valorización da materia orgánica a menos de 50 quilómetros.

Tamén estará integrada polas 4 plantas de biorresiduos (unha en funcionamento –a de Cerceda- e tres que construirá a Xunta en Cervo, Vilanova de Arousa e Verín) e 13 plantas de transferencia que contarán cunha tolva específica para o transvase da materia orgánica recollida selectivamente a fin de garantir este servizo.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

Publicacións Relacionadas