Home O Morrazo Moaña A Xunta adxudica por preto de 420.000 euros as obras para actuar...

A Xunta adxudica por preto de 420.000 euros as obras para actuar nun treito de concentración de accidentes na estrada autonómica PO-551 en Domaio, no concello de Moaña

- Anuncio -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o inicio dos traballos na primeira quincena de maio, co obxectivo de telos rematados a finais deste ano

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar, por preto de 420.000 euros, a execución das obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada autonómica PO-551, en Domaio, no concello de Moaña.

Os traballos, que foron adxudicados á empresa Construcións Obras e Viais, S.A. (Covsa), prevén iniciarse na primeira quincena de maio, co obxectivo de telos rematados a finais deste mesmo ano. O prazo de execución é de seis meses.

Esta actuación precisa de expropiacións e o acto para o levantamento de actas de ocupación está convocado para o día 22 de abril.

O proxecto do departamento de Infraestruturas da Xunta ten como finalidade actuar no treito comprendido entre os puntos quilométricos 27+760, no paso de peóns da travesía de Meira á altura do centro de saúde, e no 32+670, na intersección coa vía provincial EP-1103, á saída de Domaio.

Os traballos previstos centraranse na mellora de interseccións, como a da área recreativa da Cerradiña ou a do porto de Domaio, na que se executará una glorieta. Esta última permitirá os xiros en condicións seguras nese punto e contribuirá ao calmado do tráfico.

Tamén se acondicionarán os pasos de peóns, con sinalización intelixente para facilitar a súa percepción. Así, instalaranse sinais verticais luminosos e puntos de luz específicos para o seu alumeado con detectores de presenza de peóns. Ademais, limitarase o aparcamento nos 10 metros anteriores para aumentar a súa visibilidade.

O proxecto prevé a construción de dous novos pasos de peóns, un no punto quilométrico 29+225, xunto á parada de bus, e outro no 29+540, para o cruzamento dunha futura senda. As obras tamén mellorarán o paso de peóns da travesía de Meira, fronte ao centro de saúde.

Renovaranse as barreiras de seguridade e reporanse algúns sinais verticais, que serán substituídos por outros de maior reflectancia coa fin de facilitar a percepción da estrada en horario nocturno. Tamén se colocarán bandas transversais de alerta á entrada da travesía de Domaio desde Rande.

Incorporacións ao proxecto
A Xunta, tras a análise das alegacións presentadas, incorporou no proxecto a posibilidade de xirar á esquerda no punto quilométrico 31+630 desde a estrada PO-551 para acceder á estrada provincial EP-1103. Ademais, na contorna da nova glorieta proxectada no punto quilométrico 31+580, ampliarase o ancho da beirarrúa anexa á edificación existente na marxe dereita.

Durante a execución da obra e de acordo cos criterios de funcionamento da estrada, determinarase o punto exacto máis axeitado para situar o cruzamento peonil no punto quilométrico 31+920.

Plan de Sendas do Morrazo
Este proxecto compleméntase e está a coordinarse co dunha senda nesta mesma estrada PO-551, entre A Moureira e Palmás, tamén en Moaña. O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves día 8 de abril o decreto de expropiacións, tras ser autorizadas no Consello da Xunta do pasado día 25 de marzo. Esta nova actuación conta cun investimento de case 1,7 millóns de euros, nos que se inclúe o pagamento dos 26 predios precisos para levar a cabo esta novo itinerario.

Este novo itinerario enmárcase no Plan de Sendas da comarca do Morrazo, que prevé a execución de 8 itinerarios seguros, sostibles e integrados na paisaxe, cun investimento superior aos 4,5 millóns de euros

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Publicacións Relacionadas