A Xunta apoia con máis de 265.000 eutos a unidade de atención temperá de Mos

adminON
Lectura mínima de 1

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá acompañada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e representantes de Cogami, a unidade de atención temperá do concello de Mos á que a Xunta destina máis de 265.000 euros a través da orde de axudas para entidades locais nos anos 2022 a 2024.

Durante a vista a directora xeral destacou a calidade asistencial deste servizo que atende a nenos con posibles problemas no desenvolvemento.

A unidade de Mos atende cada ano a máis de 120 nenos e ás súas familias naquelas primeiras dúbidas ou incertezas que poidan xurdir para gañar en autonomía e mellorar a súa atención desde a infancia.

A directora xeral lembrou que a Xunta seguirá ampliando esta rede de servizos para que cheguen a todos os puntos da Comunidade. Desde o ano 2009, o número de unidades de atención temperá multiplicouse ao pasar de dúas a máis de corenta actualmente en funcionamento que dan cobertura a máis de 200 concellos, entre eles o de Mos.

Comparte este artigo