Home Pontevedra Caldas A Xunta apoia melloras no local da asociación de veciños Barosela e...

A Xunta apoia melloras no local da asociación de veciños Barosela e na traída da auga da comunidade de usuarios de augas de Sorrego e Portopereiro

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego

― Natalia Prieto lembrou que a Xunta incrementou o orzamento da orde de axudas do Plan específico de acción comunitaria nun 20%, ata acadar os 3M€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, comprobou hoxe as melloras levadas a cabo no local social da Asociación de Veciños Barosela, que contaron cunha axuda de máis de 13.400 euros ao abeiro das axudas dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociación de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Tamén visitaron a comunidade de usuarios de augas de Sorrego e Portopereiro, á que o Goberno galego apoiou o ano pasado co obxectivo de mellorar a calidade do servizo de subministro de auga para as vivendas dos máis de 280 veciños usuarios da traída de auga.
Segundo comprobou a directora xeral de Administración Local, na asociación de veciños de Barosela o apoio da Xunta permitiu levar a cabo actuacións de acondicionamento e mantemento do local social con melloras na instalación eléctrica e colocación de condutos para a evacuación de gases, así como outros traballos en parámetros exteriores e no interior. Ademais, financiouse a adquisición de material para a organización de eventos culturais, entre eles un televisor, un portátil, un monitor e 24 sillóns.

Por outra parte, na comunidade de usuarios de augas de Sorrego e Portopereiro substituíronse as tuberías, o que implicou traballos como o tapado de todas as gabias e a apertura de catro novas, así como a colocación de mangueiras de polietileno.
Natalia Prieto lembrou que a orde de acción comunitaria incrementou este ano o seu orzamento nun 20% con respecto ao 2021, ata acadar os 3 millóns de euros. A mellora encádrase na aposta da Xunta polo asociacionismo veciñal e a xestión conxunta de bens e servizos por parte da poboación galega. O ano pasado concedéronse 2,5 millóns de euros a asociacións de veciños, de mulleres rurais e comunidades de usuarios de auga da comunidade galega, dos que máis de 1,2 millóns de euros se destinaron a entidades da provincia de Pontevedra.

A orde de subvencións para este ano inclúese no plan específico de acción comunitaria, destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Os investimentos van destinados ao acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e a compra de equipamentos básicos para o seu funcionamento, como mobiliario, equipos informáticos e audiovisuais ou material non básico específico para levar a cabo determinadas actividades. Ademais, son subvencionables proxectos de mellora, reforma e reparación das instalacións das traídas de auga promovidas por comunidades de usuarios de augas para garantir o abastecemento.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Publicacións Relacionadas