HomeVigoO PorriñoA Xunta apoia o regreso do Festival de Música Urbana do Porriño...

A Xunta apoia o regreso do Festival de Música Urbana do Porriño “Louro Valley Festival”

- Anuncio -spot_img

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe na presentación do ‘Louro Valley Festival’, que terá lugar mañá venres no pavillón municipal de O Porriño. No acto tamén participou o alcalde do municipio pontevedrés, Manuel Alejandro Lorenzo.

O festival celébrase no marco das Festas do Cristo. Contará coa presenza de Maikel Delacalle, Groove Amigos, Traffic House, Khris Guez Pity, Diego Mariño e Samu Peixe e a entrada é gratuíta a partir das 23:30 horas.

Publicacións Relacionadas