Home Pontevedra O Salnés A Xunta aposta polas terapias baseadas en actividades significativas a través da...

A Xunta aposta polas terapias baseadas en actividades significativas a través da súa achega ao Programa de Reminiscencia da Residencia Divina Pastora

- Anuncio -

— O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe as instalacións de Vilagarcía de Arousa

— O proxecto traballa na estimulación cognitiva a través dos recordos, olores ou sons pasados dos usuarios

— A través da liña de axudas do 0,7% do IRPF o Goberno galego sufraga, así mesmo, a mellora da fachada do centro, así como a do acceso dos vehículos, por un importe de máis de 50.000 euros

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá a residencia de maiores Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa para por en valor os diferentes programas levados a cabo neste centro residencial, entre os que salientou Reminiscencia, unha iniciativa que traballa na estimulación cognitiva a través dos recordos, olores ou sons pasados. Estas actividades, que permiten aos psicólogos e terapeutas traballar cos usuarios diariamente, son financiadas a través da liña de axudas do 0,7% do IRPF cunha achega de 22.000 euros.

Fernando González Abeijón aproveitou, así mesmo, a visita para percorrer as instalacións e supervisar as obras que se levaron a cabo neste centro e que foron financiadas pola Xunta de Galicia a través desta mesma liña de axudas cunha achega de máis de 50.000 euros. Este proxecto permitirá mellorar a fachada do centro, así como o acceso dos vehículos.

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade destacou o compromiso das entidades á hora de levar acabo este tipo de programas nos que se traballa na mellora da calidade de vida das persoas que sofren demencia. Para elas, este tipo de actividades teñen un inmenso valor xa que lles devolven a momentos da súa vida que tiñan esquecidos.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Publicacións Relacionadas